HomePontevedraO CondadoBorja Gómez Méndez pregoeiro do Corpus Christi en Ponteareas

Borja Gómez Méndez pregoeiro do Corpus Christi en Ponteareas

- Anuncio -spot_img

A lectura do pregón das festas de Corpus Christi de Ponteareas fará historia ao igual que o pregoeiro. O goberno de Ponteareas a través da súa alcaldesa, Nava Castro, convida a toda a cidadanía a participar na lectura do pregón de Corpus Christi este domingo día 15 ás 13:00 horas diante da Casa do Concello.

Unha lectura que se presenta cargada de emocións e mensaxes porque o pregoeiro Borja Gómez Méndez representa os soños cumpridos e simboliza que con constancia e ilusión todas e todos podemos acadar as nosas metas. Históricas barreiras superadas e unha morea de valores e podios son a tarxeta de presentación do ponteareán Borja Gómez. Ciclista, nadador, alfombrista, ten todos os ingredientes para ser un merecido pregoeiro, así o explicaban o día da presentación do pregoeiro a alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González que acompañarán o domingo ao pregoeiro. Estarán tamén ao seu carón a familia, o deputado de Cultura, a Corporación, tamén representantes da Federación Galega de Ciclismo,  DISCAMINO, COGAMI, AVELAÍÑA, ADAPTA, Club Ciclista Ponteareas Escola Borja Gómez, clubs deportivos locais, alfombristas e veciñas e veciños.

Embaixador da inclusión

Con tan só 19 anos e toda unha vida dedicada ao deporte, Borja Gómez lánzase

 á competición internacional en Bélxica e posiciónase como referente para acadar a inclusión sendo embaixador da asociación Con Piel de Mariposa coa que competíu na proba UCI Mountain- Bike Julio 2021 en Colina Triste. Tamén no Encontro Europeo de Enfermidades Raras en Polonia onde foi embaixador de Debra Piel de Mariposa España en Julio de 2022 e competíu na Paris-Roubaix Abril 2025 Debra España xunto con Debra Francia.

Traxectoria deportiva

Na disciplina de natación conseguíu a prata en 100 libres no Campionato Galego de Natación Discapacidade no ano 2022; a prata en 50 libres, o campionato por Equipos 4×50 m no ano 2023, o bronce en 100 libres no ano 2024, a prata en 50 bolboreta  e a prata en 100 libres no ano 2025.

No ciclismo son incontables as súas fazañas. En 2018, por ese afán de superación, recibiu o “Premio aos Valores do ciclismo” na Gala da Bici do ano que organiza Motorpress Ibérica.

A súa presenza no Campionato de España de Ciclocrós 2018 defendendo a camisola da Selección de Galicia provocou un ‘boom’ mediático, que serviu, entre outras moitas cousas, para que nos estatais de ciclocrós celebrados no 2020 en Pontevedra incluísese por primeira vez unha carreira inclusiva no programa dun Campionato de España.

Xunto ao grupo Discamino, co que adestra, fixo varias etapas de La Vuelta e subíu sete portos míticos do Tour de Francia (incluído o Tourmalet).  Tamén no 2017 competíu nos Pirineos e no 2019 nos Alpes

Dende a Federación Galega de Ciclismo sempre lle deron apoio e cambiaron normas e leis para facer posible a participación dos ciclistas con Síndrome de Down.

Foi o primeiro becado das becas Cola Cao. Unha importante marca que fixou a súa atención no deportistas ponteareán e visitou a vila para grabar unha reportaxe difundida en todos os medios de comunicación como exemplo de superación. Esta primeira bolsa foi entregada por Javier Gómez Noya, considerado o mellor triatleta da historia e un exemplo polo seu espírito de superación. O xurado das Bolsas Vamos Cola Cao distinguiu esta candidatura porque integra os valores máis importantes que quere promover o programa: integración no deporte, superación, constancia, esforzo e traballo en equipo entre outros.

Máis probas: Vuelta a España 2016; fixo os puertos dos Pirineos 2017 e enlace de camiños 16 Agosto- 1 Septiembre 2021 de Vigo a Granada; campionatos Galegos CRI desde o ano 2019 ata 2024; campionatos Galegos e de España de Natación para Persoas con Discapacidade Intelectual desde o 2018 ata 2025 cos que conseguiu alcanzar algún pódium a nivel galego; campionato do Mundo Máster 2024 na categoría inclusiva de Carrera (Special Olimpic) en Hamburgo (Alemaña). Tríatlon Porriño 2022, 2023, 2024; Duatlon Val de Soneira 2022 e 2023 e cartel anunciador 2024 Dúatlon Valde Soneira.

Publicacións Relacionadas