• O líder do PP de Pontevedra lamenta que as obras de renaturalización en Campolongo “vanse a ter que asumir con recursos propios, co diñeiro de todos os pontevedreses”
• Unha nova perda de subvencións externas para executar obras municipais en Pontevedra, tras a denuncia realizada por Domínguez sobre o 1M€ perdido para mellorar a ribeira do Lérez
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, lamentou este xoves que por fin o goberno liderado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recoñeza abertamente a perda de 2,3 millóns de euros, procedentes das axudas europeas da Fundación Biodiversidade, para realizar as obras de destape do río Gafeños, que terá un custo total de 4,66M€.
Na comisión de Movilidad, Infraestruturas e Servizos Públicos, o concelleiro do PP Martín Martínez preguntou ao presidente da mesma, o nacionalista César Mosquera, cal sería o importe económico do Concello de Pontevedra para a execución dos traballos. A resposta do concelleiro do BNG aludía a que “todo ou custo será asumido con fondos do Concello, nun principio tentouse acudir a fondos europeos, máis vos prazos para a contratación e execución eran demasiado curtos, posto que tería que estar xustificada a obra a 30 de xuño de 2026”.
Unha contestación que vén confirmar as denuncias reiteradas de Domínguez, durante os últimos meses, ao respecto de que as obras para o destape do Gafeños, que en 2022 anunciouse que se ían a ser financiadas practicamente na súa totalidade a través dos fondos europeos Next Generation, “van ter que asumir con recursos propios, co diñeiro de todos os pontevedreses”.
Neste sentido, o líder do PP sinalou directamente ao alcalde como o máximo responsable dunha “pésima xestión” nos últimos anos, tras modificar o proxecto do anterior mandato, e atrasar a súa tramitación ata conseguir que os prazos marcados pola Fundación Biodiversidade, que se ampliaron do 31 de decembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026, sexan imposibles de cumprir para o Concello.
Unha nova perda de subvencións externas para executar obras municipais en Pontevedra, tras a denuncia protagonizada por Domínguez hai un ano no que advertía tamén da perda dun millón de euros de fondos europeos na mellora da ribeira do Lérez, ao renunciar oficialmente no 2024 ás axudas convocadas pola Xunta de Galicia no 2021.
Respecto ao destape do Gafeños, o PP de Pontevedra considera que se trata aínda dun caso máis grave ao optar a unha axuda económica de 3,76 millóns de euros da Fundación Biodiversidade, con data de inicio no ano 2022, para un proxecto que contemplaba cinco intervencións na cidade: a recuperación e restauración ecolóxica do tramo urbano soterrado do río Gafeños e a súa contorna; a mellora ecolóxica e paisaxística da contorna do Recinto Feiral e inclusión de sistemas urbanos de drenaxe sostible; a restauración ecolóxica, paisaxística e de fomento da biodiversidade do Parque María Vinyals; e a restauración ecolóxica e mellora da biodiversidade das marismas de Alba.
“A perda de oportunidades económicas é unha pésima noticia para Pontevedra, froito da nefasta xestión do BNG de Lores que, nos últimos anos, foi incapaz de sacar proxectos en tempo e forma, como o destape do Gafeños”, reprochou ao mandatario municipal.

