O Nigránjazz abre a súa 20 edición este luns coa proxección gratuita da película “Mo” Better Blues nos cinemas municipais da Ramallosa

Redacción

O Concello moveu o día previsto para non coincidir coas semifinais de España no Mundial de fútbol. Trátase dunha longametraxe dirixida por Spike Lee, quen figura tamén no reparto xunto a Denzel Washington e Wesley Snipes. Proxectarase de balde ás 20:00 horas en versión orixinal subtitulada.

A antesala do festival sigue o mércores con Toño Otero Quartet no Malabar-Pénjamo de Patos para estrearse oficialmente o xoves 16 no esteiro de A Foz co cuarteto de Gretchen Parlato; o venres 17 coa banda de Ámsterdam ‘Eclipse’ e o sábado 18 con Abe Rábade trío xunto a John O’Gallagher ao saxo Nigrán,

O Concello de Nigrán abre a 20 edición do Nigranjazz este luns 13 de xullo coa proxección gratuíta ás 20:00 horas da película de Spike Lee ‘Mo´better blues’ nos Cines Municipais da Ramallosa (Centro Comercial A Ramallosa). O Concello moveu o día previsto inicialmente (martes 14 ás 21:00 horas) para non coincidir coas semifinais de España no Mundial de fútbol. Trátase dunha longametraxe estadounidense do ano 1990 dirixida por Spike Lee, quen figura tamén no reparto xunto a Denzel Washington e Wesley Snipes. O filme, non recomendado para menores de 13 anos, ten unha duración de 123 minutos e proxectarase en versión orixinal subtitulada ao español. ‘Mo´better blues’ segue un período na vida do trompetista de jazz ficticio Bleek Gilliam (interpretado por Washington), xa que unha serie de malas decisións fan que poña en perigo tanto as súas relacións como a súa carreira como músico. O afamado director Spike Lee consigue neste filme captar a esencia improvisada do jazz á vez que narra unha historia profundamente humana.

A antesala do festival segue o mércores con Toño Otero Quartet no Malabar-Pénjamo de Patos para estrearse oficialmente o xoves 16 no esteiro de A Foz co cuarteto de Gretchen Parlato, considerada a vocalista de jazz máis destacada da súa xeración; o venres 17 coa banda de Ámsterdam ‘Eclipse’ e o sábado 18 con Abe Rábade trío xunto a John O’Gallagher ao saxo.

Toda a programación do Nigranjazz é de balde ao estar organizado polo Concello de Nigrán e conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia e o patrocinio de Cervezas Banda, con sede en Porto do Molle.

Comparte este artigo