test
Home Vigo Nigrán O NigránJazz celebra a maioría de idade consagrándose aos mellores músicos europeos

O NigránJazz celebra a maioría de idade consagrándose aos mellores músicos europeos

- Anuncio -

O festival estrea o xoves 25 de xullo a súa primeira jam-session no ‘Malabar Pénjamo’ de Patos e o 26 e 27 de Xullo, xa no esteiro de A Foz, contará con Sergio de Miguel Trío e o quinteto ‘Alto for Two’ o primeiro día e a Martin Verde Quintet e Arcazo&Perramon o segundo

É un orgullo celebrar con mocidade e con mulleres liderando un quinteto os 18 anos do Nigranjazz, un dos festivais de jazz máis lonxevos de Galicia e que vin nacer sendo precisamente concelleiro de Cultura”, sinala o alcalde, Juan González

O nivel de músicos novos que están xurdindo nos últimos anos en Europa é brutal, e a súa vitalidade, paixón e dedicación a esta música augura un futuro moi próspero”, indica o seu director artístico, Felipe Villar

O cartel gañador corresponde ao deseñador burgalés Diego Gil e a fábrica de Cervezas Banda en Porto do Molle, patrocinador un ano máis, acollerá unha exposición coa imaxe de cada edición. Seguirá sendo un festival inclusivo que disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675

Catro concertos, tres jam-sessions e una masterclass a cargo dos músicos europeos máis prestixiosos do momento celebrarán a maioría de idade do Nigranjazz do 25 ao 27 de xullo no Concello de Nigrán. Así, o escenario ao aire libre do esteiro da A Foz (A Ramallosa) volverá a ser o epicentro da elite do jazz mundial o venres 26 coas saxofonistas Kika Sprangers e Irene Reig, lideresas do quinteto internacional ‘Alto for Two’ e que abrirán esta décimo oitava edición precedidas do trío do pianista vigués e residente en Chicago Sergio de Miguel, auténtico ‘neno prodixio’ graduado en Berkelee e recoñecido aos 20 anos entre os máis destacados músicos de jazz de EEUU. Ao día seguinte, o sábado 27, o guitarrista nacido en Ourense e formado en Amsterdan Martín Verde abrirá a noite co seu quinteto para dar paso ao cuarteto dos mozos cataláns Camil Arcarazo (guitarra) e Marçal Perramon (saxo), outros ‘nenos prodixio’ do jazz que comezaron de cativos e que con menos de 25 anos están considerados entre os mellores de Europa tras terse formado ambos no Jazz Campus de Basilea (Suíza). Como novidade, o prestixioso pianista vigués Yago Vázquez, habitual na escena do jazz neoyorquino, ofrecerá unha jam session o xoves 25 no ‘Malabar Pénjamo’ de Patos acompañado polo gran saxofonista redondelano Fernando Sánchez. E como parte indisoluble do festival, non faltará a clásica master-class patrocinada pola Fundación Mayeusis para todos os músicos que desexen formarse, e será a cargo de ‘Alto for two’ o 26 de xullo no Auditorio do Concello, pechándose ademáis cada noite de festival coas clásicas jam-sessions que se encargarán de abrir as grandes promesas da escea galega.

O evento, no que se desvelou o cartel gañador deste ano pertencente ao deseñador burgalés Diego Gil (premiado en certames como o 24 è Menorca Jazz Festival ou a XXVII Mostra Jazz Tortosa), foi presentado esta mañá na nave de cervexas Banda en Porto do Molle, marca local que, un ano máis, colabora neste festival xunto coa Deputación de Pontevedra a través do Plan + Provincia. Ademais, e precisamente na sala de exposicións de Banda (rúa do Labrego, 22-Nave 5E- Porto do Molle) terá lugar durante todo o verán unha exposición que recopila os 18 cartaces do Nigranjazz, sendo autoría os 3 primeiros do falecido deseñador gráfico Quin Alborés (impulsor do festival) e os seguintes elixidos a través do concurso de carteis que, en homenaxe, leva o seu nome.

“É un orgullo celebrar con mocidade e con mulleres liderando un quinteto os 18 anos do Nigranjazz, un dos festivais de jazz máis lonxevos de Galicia e que vin nacer sendo precisamente concelleiro de Cultura. Cremos que desde Nigrán estamos a contribuír a que exista esta grandísima canteira de músicos galegos que se iniciaron aquí como público, que despois se subiron ao noso escenario e que agora conforman a elite do jazz europeo”, subliña o alcalde, Juan González.

“O nivel de músicos novos que están xurdindo nos últimos anos en Europa é brutal, e a súa vitalidade, paixón e dedicación a esta música augura un futuro moi próspero. E Galicia tamén ten a súa cota de excelentes músicos neste novo renacemento do Jazz en Europa. Músicos, si, que teñen que emigrar a Europa ou a EEUU non só para formarse senón para poder para vivir decentemente da súa música. Por iso o Nigranjazz quere ofrecerlles o seu gran escenario e dar visibilidade a esta máxica xeración de mozos e mozas excepcionalmente preparados e experimentados, a pesar da súa pouca idade”, sinala o seu director artístico, Felipe Villar, quen incide en que a maioría non superan os 25 anos.

Como cada ano, o público poderá charlar desenfadadamente cos músicos asistentes ou consumir comida ou bebida mentras asiste aos concertos (coa novidade de que este ano o festival disporá dunha cerveza elaborada por Banda para a ocasión) e ademáis, estarán á venda camisetas deste edición, discos… e como xa é habitual, será un festival inclusivo que disporá de mochilas vibratorias para toda aquela persoa xorda que o solicite previamente no mail info@entresignos.com ou no whatsapp 690679675.

Historia do festival

O Nigranjazz cumpre 18 anos sendo o festival máis lonxevo organizado dende o Concello de Nigrán e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan e polo ambiente que nel se respira. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música apoiados polo Concello de Nigrán a través da Concellería de Cultura que dirixía o actual alcalde Juan González, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Desde entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek,Kurt Rosenwinkel, Jean Michel Pilc, Eve Cornelious… Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas