Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas...

A Deputación recomenda aplicar tratamento ante as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas

- Anuncio -

A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte da necesidade de aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que estean xa fóra do período de protección teórico da intervención anterior

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda aplicar tratamento antes as primeiras manchas de mildio detectadas nas viñas. Na viña de Areeiro apareceu xa a primeira mancha, nun bordo da folla, pero tamén se teñen atopado no Salnés debido, principalmente, ás condicións favorables ao avance do patóxeno rexistradas entre a primeira semana de abril e mediados de mes.

Deste xeito, o centro dependente da institución provincial aconsella aplicar un tratamento o antes posible nos predios que non o recibiran antes ou naqueles que estean xa fóra do período de protección teórico da intervención anterior. Tamén recomenda que sexa un tratamento cun funxicida sistémico, pois é suficiente cunha hora sen choiva trala aplicación para que penetre na planta e, ademais, protexa os novos crecementos.

Areeiro recorda que tanto a lexislación como as boas prácticas agrícolas indican que non se deben aplicar tratamentos se o vento é superior a 3 m/s. Ademais asegura que deben empregarse boquillas antideriva e a baixas velocidades do ventilador ou realizar a intervención con pistola e preto dos brotes, para evitar a dispersión do produto fóra da área a tratar.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas