O Concello do Porriño vén de anunciar a instalación dunha pantalla xigante na praza de San Sebastián para que toda a veciñanza poida seguir en directo o emocionante encontro do Mundial entre España e Bélxica.
A cita arrancará a partir das 20:00 h na propia praza, onde haberá unha previa musical amenizada por un DJ para ir quentando motores e acompañar á afección antes do asubío inicial. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación oficial das festas de San Bieito.
O alcalde do Porriño Alejandro Lorenzo, anima a todos os porriñeses e porriñesas a achegarse. “Queremos que este partido sexa unha festa do deporte, pero sobre todo unha oportunidade para seguir o encontro en comunidade, todos xuntos facendo piña”.

