O Porriño reforza a prevención de incendios nas parroquias con cinco novos efectivos

Redacción
  • Catro peóns forestais e un coordinador incorpóranse a xornada completa durante nove meses para traballar na limpeza de montes e na xestión da biomasa dentro do programa “Galicia suma talento rural”.

Catro peóns forestais e un coordinador, súmanse no Porriño ao  coidado do patrimonio natural e a seguridade das  parroquias. Trátanse de cinco traballadores que se incorporan á plantilla do Porriño a través  do programa “Galicia suma talento rural”.

Este equipo centrarase de xeito prioritario en tarefas vencelladas á prevención de incendios forestais nas faixas secundarias do municipio, tal e como define a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestales de Galicia. Así, farán tarefas de  control e valorización forestal en terreos municipais, e limpieza de montes e xestión da biomasa.

Durante os nove meses de contrato, potenciarase continuamente a formación das persoas contratadas. O equipo recibirá capacitación específica en aspectos clave como as tarefas de prevención, a avaliación do risco de lumes e o manexo profesional das ferramentas e da maquinaria especializada empregada nestes labores.

O alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Carlos González mantivo un encontro cos catro peóns forestais e o coordinador mentres desempeñaban labores de desbroce en Pontellas, xunto ao campo de fútbol para coñecer de primeira man a planificación dos seus primeiros días de traballo.

“A incorporación do equipo de ‘Galicia suma talento rural’ é unha gran nova para as nosas parroquias”, asegurou o rexedor, Alejandro Lorenzo. “Cun contrato de nove meses a tempo completo, este persoal non só accede a unha oportunidade laboral estable, senón que realiza un labor crucial de prevención que nos axudará a manter os nosos montes seguros e protexidos de cara aos incendios forestais”.Tamén o concelleiro de Medio Ambiente, Carlos González, puxo o foco nesta labor de prevención fundamental para a boa saude dos montes.

Un impulso que coincide co inicio do obradoiro “Eco-Necta”

Este reforzo forestal coincide no tempo co arranque  do obradoiro dual de emprego “O Porriño Eco-Necta”, un obradoiro dual que incorpora a dez  alumnos-traballadores dedicados á conservación de montes e á limpeza de camiños en parroquias como Atios, Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas e Torneiros. Os outros 10 participantes céntranse na área tecnolóxica para desenvolver unha nova App municipal que mellorará a comunicación veciñal.

Comparte este artigo