- Rafa Domínguez e Guille Juncal amosan a súa preocupación pola falta de limpeza, o mantemento do parque infantil, os espazos de exparexemento para a veciñanza, os ruídos da AP-9 ou o futuro da Casa do Mar
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e o concelleiro Guille Juncal, recibiron este xoves á recentemente constituida Asociación Veciñal de Mollavao, para poñer en común as diferentes necesidades e inquedanzas que “nos trasladaron os veciños e veciñas dun barrio maltratado durante os seis mandatos do goberno do BNG”.
Dende o Partido Popular de Pontevedra celebraron, ao igual que os representantes veciñais, a execución das obras para a reforma integral e humanización da rúa Rosalía de Castro, pero “tamén reclamamos ao Concello de Pontevedra e ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, maior implicación en intervencións noutros puntos do barrio”, asegurou Juncal.
Entre as principais preocupacións do PP de Pontevedra atópase “a falta de limpieza, de mantemento do parque infantil, a necesidade de aumentar os espazos de esparexemento para a veciñanza, os problemas que xeran os ruídos na parte do barrio no que pasa por riba a autoestrada AP-9 ou o futuro da Casa do Mar de Mollavao”, recordou.
O edil comprometeuse a que, despois de case 30 anos de abandono municipal, Mollavao teña servizos de calidade da man de Rafa Domínguez e do Partido Popular: “Despois das eleccións municipais do ano 2027, darémoslle o impulso necesario para revivir un barrio ao que Lores maltrata sistematicamente”, concluíu.

