• Pepa Pardo critica o “deplorable estado de conservación” da obra de Amancio Landín situada no parque das Palmeiras
• “Pasaron case sete anos desde que se aprobou unha moción do PP e o Goberno do BNG non fixo absolutamente nada para recuperalo e devolverlle o valor que se merece”, asegura
As concelleiras do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo e Silvia Junco visitaron o Monumento aos Navegantes, a obra de Amancio Landín situada no parque das Palmeiras, para denunciar o seu “deplorable estado de conservación”, rodeado de valos metálicos, co dintel roto, cheo de musgo e pintadas.
Pardo lembrou que xa en xullo de 2019, o Pleno municipal aprobou unha moción do PP por unanimidade na que instaban o Concello de Pontevedra a mellorar o estado de conservación, mantemento e limpeza dos símbolos patrimoniais da cidade, destacando este enclave en particular pola súa alta carga simbólica.
“Pasaron case sete anos desde aquel acordo e o Goberno local non fixo absolutamente nada. É unha auténtica vergoña e unha mostra da falta de respecto ao patrimonio e aos homes do mar”, engadiu a edil tras situar as primeiras reclamacións dos populares no ano 2017.
Neste sentido, Pardo incidiu en que a falta de actuación pon de manifesto o “deixamento absoluto” do Gobierno municipal e demandou ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que acometa a intervención á que se comprometeu co seu voto favorable, asumindo a súa responsabilidade na conservación do patrimonio.
Por iso, o PP de Pontevedra esixiu a posta en marcha inmediata dun proxecto de rehabilitación desde o Concello; no que se detalle o orzamento e o calendario de actuación, para recuperar “dunha vez por todas” o Monumento aos Navegantes, e “devolverlle o valor que merece” a un dos símbolos máis relevantes do patrimonio histórico da cidade.

