O Partido Popular de Pontevedra esixiu que se realicen tarefas de limpeza e mantemento na contorna de Monte do Taco. A concelleira Silvia Junco reuniuse con representantes veciñais para denunciar a deterioración deste ámbito urbano e solicitar publicamente ao goberno municipal que inicien os labores de limpeza, poda e mellora inmediata das zonas axardinadas. “O goberno local ha abandonado á súa sorte aos residentes en Monte do Taco; permitindo que as escaleiras se convertan nunha gran matogueira sen accesibilidade, a maleza invadindo os bancos, papeleiras e beirarrúas; a presenza de ratas que acoden #ante a falta de limpeza e unha carencia evidente dos servizos básicos”, reprobou a edil popular tras percorrer o barrio.