Home Pontevedra O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central...

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno central discrimine a Galicia despois do anuncio feito no que se adia a liña do AVE Vigo–Lisboa e solicitan unha inmediata rectificación

- Anuncio -
  • Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e Pedro Puy; e membros da corporación municipal, manifestaron a súa repulsa e rexeitamento contra esta decisión do Goberno central.
  • Non temos nada en contra das conexións oe AVE con outros territorios, pero non en detrimento de Galicia. O Goberno central non fai máis que actuar contra Galicia no ámbito ferroviario”, indicaron os populares.
  • Os populares indicaron que Galicia leva moito tempo reclamando un calendario con planificación e orzamentos e traballando en coordinación co Goberno portugués na saída sur de Vigo, no impulso do treito ata a fronteira portuguesa desde O Porriño, e na necesidade da construción e financiación da nova ponte internacional.
  • Julio Comesaña explicou que existe un amplo consenso á hora de considerar que o tren de alta velocidade entre Galicia e Portugal é unha infraestrutura prioritaria e de vital importancia para mellorar a mobilidade dos  cidadáns a un e a outro lado da fronteira.

O PP de Pontevedra lamenta que unha vez máis o Goberno de Pedro Sánchez discrimine a Galicia, despois do anuncio feito no que se vai priorizar a liña de alta velocidade de Lisboa a Madrid e pospón a conexión de Lisboa a Vigo. Polo tanto, unha vez máis, o Goberno de España demostra que non cumpre os seus compromisos con Galicia. 

Esta mañá, os deputados autonómicos, Julio García Comesaña, Felisa Rodríguez e Michel Fidalgo; os deputados nacionais, Irene Garrido e Juan Bayón; acompañados dos senadores, Pepa Pardo, Nidia Arévalo e Pedro Puy; así como membros da corporación municipal, manifestaron a súa repulsa e rexeitamento contra esta decisión do Goberno central, que deixa nun segundo plano a Galicia e solicitan unha inmediata rectificación sobre esta decisión.

“Non temos nada en contra das conexións de AVE con outros territorios, pero non en detrimento de Galicia. O Goberno central non deixa de actuar contra Galicia no ámbito ferroviario”, indicaron os populares, que hoxe se reuniron diante da estación de Urzáiz para manifestar os seu malestar sobre a decisión”, indicou Julio García Comesaña.

Os populares indicaron que Galicia leva moito tempo reclamando un calendario con planificación e orzamentos e traballando en coordinación co Goberno portugués na saída sur de Vigo, que co estado actual de tramitación as obras non estarían acabadas, como pouco, ata finais de 2034, prazo incompatible coa promesa de que a conexión sexa unha realidade en 2032; co impulso do treito ata a fronteira portuguesa desde O Porriño, con estudos parados dende 2011; e coa necesidade da construción e financiación da nova ponte internacional.

Julio García Comesaña explicou que existe un amplo consenso  á hora de considerar que o tren de alta velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal é unha infraestrutura prioritaria e de vital importancia para mellorar a mobilidade dos  cidadáns a un e a outro lado da fronteira. Tamén en que para facelo realidade é imprescindible intensificar ou compromiso coa posta en marcha desta infraestrutura cunha mellor planificación, orzamentos e co establecemento de prazos realistas e concretos.

O deputado popular lembrou que baixo esta premisa, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Antonio Cunha, subscribiron en Valença do Minho un manifesto para esixir ante os seus respectivos gobernos estatais os investimentos e un calendario encamiñados a garantir a conexión de alta velocidade entre Vigo-OPorto.

A esta petición sumáronse diferentes actores do tecido social e económico galegos como son as confederacións de empresarios de Galicia e das catro provincias; as deputacións de Lugo, Pontevedra e Ourense; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); as Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECT) Norte de Portugal, Río Miño e Chaves-Verín. Tamén se uniron as universidades de Santiago e Coruña e os consellos sociais das tres universidades; o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal; e a Fundación de Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER).

O pasado 9 de outubro, ademais foi aprobada no Parlamento de Galicia unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que se instaba a que a Xunta se dirixa ao Goberno de España para que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, para o que é imprescindible e urxente un calendario coas actuacións e investimentos precisos para facelo realidade no prazo máis breve posible e, en particular, unha reserva orzamentaria suficiente para acometer a saída Sur de Vigo; e avanzar non tramo que vai entre Porriño e a fronteira portuguesa”

Este compromiso pedíaselle tamén ao Goberno de España no cumio co Goberno Portugués o 23 de Outubro. “Pois ven, nese cumio, o Goberno de España fixo oídos xordos a esta petición e deu prioridade a liña Madrid- Lisboa, ao contrario que fixo o Goberno Portugués, como xa adiantara ou seu secretario de estado, Victor Espírito Santo, polo que hai máis dubida aínda de que os prazos para a liña Vigo Porto que manexa o Goberno Español poidan ser cumpridos.

“O Partido  Popular reclama e esixe ao  Goberno de España que intensifique definitivamente o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, na mesma liña e en coordinación que acaba de facelo o Goberno Portugués”, indicou o deputado popular, Julio García Comesaña.

Relacionadas

O Concello de Redondela selecciona tres técnicos para obras públicas, xestión forestal e administración

0
Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de...

Luis López salienta a diversidade do tecido deportivo e a capacidade para organizar competicións...

0
O presidente provincial participa na sétima edición da Festa do Deporte de Ribadumia onde se entregaron 15 premios para recoñecer o labor de deportistas,...

Luis López sinala a apertura da nova residencia de artistas de Ponteareas como unha...

0
O presidente provincial participa, xunto ao presidente da Xunta Alfonso Rueda e a alcaldesa e deputada Nava Castro, na inauguración dun proxecto pioneiro na...

Luis López louva o labor do tecido veciñal ante centos de persoas no terceiro...

0
O presidente da Deputación comparte unha nova xornada de convivencia deste programa de Acción comunitaria con asociacións veciñais de Cuntis e a contorna con...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto polo XXX Aniversario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio,...

O Concello de Redondela consegue un aforro enerxético dun 40% coa iluminación led dos...

0
Coa renovación das lámpadas nas instalacións deportivas o Concello aforrará unha media de 15.000 euros ao ano na factura eléctrica. Este plan de eficiencia...

Publicacións Relacionadas