O PP denuncia que Pontevedra “está sucia” a pesar de os 238 millóns do contrato de limpeza e reclama un plan de choque

Redacción

• Pepa Pardo: “Os veciños estamos fartos de convivir con sucidade, malos cheiros, ouriñes, excrementos, contedores sucios e ratas polas rúas”

• A portavoz popular mostra o seu apoio aos traballadores de limpeza e esixe ao Gobierno de Lores que lles proporcione os medios necesarios: “Non basta con anunciar máis medios cando os propios traballadores din que non os teñen”

A portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, denunciou o estado de sucidade que presentan distintos puntos da cidade e reclamou ao Gobierno de Miguel Anxo Fernández Lores un plan de choque inmediato nas zonas que acumulan maiores problemas de sucidade, malos cheiros e insalubridade.

“Que Pontevedra está sucia é un feito obxectivo e contrastable, e que o Concello non está a facer absolutamente nada para evitalo é outro dato obxectivo e contrastable”, afirmou Pardo.

A portavoz popular sinalou que os veciños están “fartos” de convivir con sucidade, malos cheiros, ouriñes, excrementos, contedores sucios e ratas en distintos puntos da cidade.

“Esta é unha realidade que os veciños están a sufrir todos os días. Non podemos normalizar que haxa persoas que teñan que soportar malos cheiros, sucidade ou situacións de insalubridade nas rúas de Pontevedra”, sinalou.

Pardo vinculou esta situación coas recentes declaracións dos traballadores do servizo de limpeza, que puxeron de manifesto que non dispoñen de medios suficientes para desenvolver o seu traballo nas condicións adecuadas.

“Desde o Partido Popular queremos mostrar o noso apoio aos traballadores do servizo de limpeza e reclamar ao Gobierno municipal que tome as medidas necesarias para que teñan todos os medios adecuados e pertinentes para desenvolver o seu traballo”, defendeu.

Neste sentido, lembrou que os pontevedreses están a pagar cos seus impostos un contrato de limpeza e recollida de residuos de 238 millóns de euros.

“O diñeiro público é de todos os pontevedreses e, por tanto, os cidadáns teñen que beneficiarse daquilo no que se está gastando o seu diñeiro. E neste caso estamos a falar do servizo de limpeza”, subliñou.

A portavoz popular reclamou por iso un plan de choque que identifique os puntos con maior acumulación de sucidade e permita actuar de xeito inmediato para acabar cos malos cheiros, mellorar a imaxe da cidade e garantir unhas condicións adecuadas de salubridade.

“Non basta con anunciar que se teñen máis medios cando a realidade que puxeron de manifesto os propios traballadores é que non os teñen. O Goberno municipal ten que poñerse a traballar, garantir que o servizo funciona e evitar que os veciños de Pontevedra sigamos convivindo coa sucidade e os malos cheiros”, reclamou Pardo.

Unha cidade que se deseña e tamén se coida

Pardo situou esta reivindicación dentro do proxecto de cidade que está a impulsar o presidente local e portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, baseado nunha nova forma de xestionar e coidar o espazo público.

“O proxecto de Rafa Domínguez non consiste soamente en facer novas obras. Consiste tamén en coidar Pontevedra, manter as súas rúas e garantir que os servizos públicos funcionan”, sinalou.

Neste sentido, defendeu que a cidade necesita pasar dunha xestión que actúa despois de que aparezan as queixas a un modelo de mantemento e control permanente, capaz de detectar os problemas e resolvelos antes de que se convertan nunha situación cronificada.

“Queremos unha Pontevedra na que o Concello estea pendente das súas rúas, escoite aos seus veciños e faga que o diñeiro de todos tradúzase en servizos que funcionan”, concluíu.

Comparte este artigo