HomePontevedraO programa Xuntas do Concello de Redondela apoia e asesora a mulleres...

O programa Xuntas do Concello de Redondela apoia e asesora a mulleres vítimas de violencia

- Anuncio -spot_img

– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que o obxectivo deste programa é proporcionarlles ás mulleres vítimas de violencia “apoio emocional, ferramentas e recursos para fortalecer a súa autonomía e autoestima”. Estas habilidades traballaranse en grupo a través de 24 sesións desde maio ata novembro.

– No programa Xuntas traballarán as habilidades sociais, a comunicación, a saúde e o benestar. O proxecto ofrece un lugar “seguro” no que poden expresarse libremente, manifestar as súas opinións e inquedanzas e establecer unha rede de apoio social entre elas na que poder apoiarse ao finalizar o proxecto.

O Concello de Redondela pon en marcha “Xuntas”, un programa de apoderamento para mulleres vítimas de violencia de xénero no que reciben formación, apoio e asesoramento. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron esta mañá o programa xunto á responsable do proxecto, Alexandra Román, especialista en Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. O obxectivo deste programa é proporcionarlles ás mulleres vítimas apoio emocional, ferramentas e recursos para fortalecer a súa autonomía e autoestima. Rivas explicou que as mulleres vítimas de violencia de xénero sofren unha diminución da súa autoestima, polo que é necesario ofrecerlles “espazos seguros de encontro e apoio profesional para fomentar o seu apoderamento”. No programa Xuntas traballaranse as habilidades sociais, a comunicación, a saúde e o benestar, así como a creación de redes de apoio. As sesións son grupais e dinámicas para fomentar a participación das mulleres e sempre dende a perspectiva de xénero e a prevención da violencia.

O programa desenvólvese a través de 24 sesións de traballo, de xeito semanal, desde maio ata novembro. Ao longo destas sesións proporcionarase ás mulleres “seguridade, confianza e apoio”, non só por parte da profesional encargada de desenvolver o proxecto, senón tamén das propias participantes. O obxectivo é crear un lugar seguro no que poidan expresarse libremente, manifestar as súas opinións e inquedanzas e que establezan unha rede de apoio social entre elas na que poidan apoiarse ao finalizar o proxecto.

Publicacións Relacionadas