HomePontevedraO CondadoO punto de información turística no Parque da Canuda en Salvaterra fai...

O punto de información turística no Parque da Canuda en Salvaterra fai balance un mes despois da súa reapertura

- Anuncio -spot_img

O patrimonio cultural, as rutas de sendeirismo e os balnearios están entre as preguntas máis frecuentes dos visitantes.

Máis de cen usuarios e usuarias aproveitaron o servizo gratuíto de alugueiro de bicicletas este mes.


Dende a súa reapertura hai só un mes, centos de visitantes acudiron ao Punto de Información Turística do Parque da Canuda, en Salvaterra, para coñecer os diversos atractivos turísticos da vila.

Madrid, País Vasco, Extremadura e Andalucía son os lugares de orixe da maioría dos visitantes, aínda que este mes moitos tamén proceden doutros países como Brasil, Arxentina, Andorra, Portugal e Francia.

O Museo da Ciencia do Viño, as Termas de Teáns, as instalacións deportivas, as rutas de sendeirismo fluviais e o Parque da Canuda son só algúns dos lugares de maior interese para os visitantes desta pequena vila miñota.

Ademais de obter información sobre os diversos recursos turísticos, tanto veciños como visitantes tamén poden solicitar o servizo gratuíto de alugueiro de bicicletas no Punto de Información Turística da Canuda. Este servizo xa foi utilizado por máis de cen persoas este mes.

Para usar as bicicletas, os usuarios e usuarias deben presentar o seu DNI, pasaporte ou permiso de conducir e asinar unha exención de responsabilidade. Todo isto faise sen necesidade de pagar ningunha taxa nin depósito.

O Punto de Información abre de xoves a domingo e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

Publicacións Relacionadas