Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O que queren para outras vilas, non o queren para Marín

O que queren para outras vilas, non o queren para Marín

- Anuncio -

Sobre o estacionamento e a mobilidade urbana 

Últimamente, non saímos do noso asombro. Como Goberno local, consideramos que hai que traballar para que unha vila progrese e cada vez sexa un lugar mellor, pero debemos ter unha idea radicalmente diferente á dos partidos da oposición, que de repente parecen que todo o bo que queren para outros lugares, non o queren para Marín. 

Falamos de mobilidade, de mellorar o espazo público, de ter rúas máis anchas, claro que si, para que sexan máis accesibles e máis seguras a nivel vial. En Marín aínda tiñamos moitas rúas nas que as beirarrúas apenas superaban o metro de ancho. Como pode pasar por alí un carriño dun bebé ou unha persoa en cadeira de rodas? E alguén que camiñe con andador? E que facemos nunha rúa tan estreita se os colectores invisibilizan un paso de cebra e aumentamos o risco de accidente? 

Este Goberno local non está a inventar nada. Estamos traballando en mellorar Marín seguindo as liñas urbanísticas que hoxe marcan a modernidade en todos os lugares, gobernados por todas as cores. E ademais, non é nada novo. Estas directrices viñan específicamente marcadas por un Plan Ágora (que tiña ata unha facultade propia) da antiga Deputación provincial, gobernada polo PSOE e o BNG, e que aplicamos en obras realizadas na anterior lexislatura, como pode ser o Camiño Vello de Seixo, a nova praza do Mercado alá mesmo, a Rúa do Tombo… Tamén son directrices que impulsa a Xunta de Galicia, nun esforzo inversor tremendo na mellora da mobilidade. Ou é que non nos acordamos de como era Concepción Arenal antes da primeira fase da humanización? Non nos lembramos de como os autobuses daban marcha atrás e apenas era viable colocar unha terraza en condicións? Debe ser que todo se nos esquece rápido.

Todo isto, por suposto, ten un impacto no estacionamento, no que se está traballando, repetimos, dun xeito moi similar a como se traballa noutros lugares da nosa contorna, apostando por aparcadoiros públicos gratis (en pleno centro, máis de 10) e con usos específicos de rúas, como é o caso das Zonas 2H, aplaudidísimas polo comercio e que están a permitir unha rotación nunca vista antes en Marín. 

Táchannos de improvisación. Pois ten miga. Alegrámonos de que o señor Pazos Lamoso lera con atención a nosa moción sobre a necesidade urxente de seguir impulsando o parking subterráneo. Decimos que a leu con atención porque agora, como enésima forma de tentar atacar as políticas de mobilidade deste Goberno local, utiliza un dato que el mesmo ignoraba e que nós mesmos, como Partido Popular, expuxemos como parte da problemática do estacionamento en Marín. 

Na nosa vila, hai 2.183 vehículos máis rexistrados nos últimos 10 anos. Máis de 1.500 coches extra e 500 motocicletas. E o portavoz socialista di que non temos previsión porque non creamos ese número de prazas de estacionamento. Entendemos, entón, que a proposta socialista é converter todo o casco urbanos de Marín nun aparcadoiro xigante, porque senón, non se entende. 

Dicímolo porque xa temos contabilizadas 2.415 prazas en todo o casco urbano de Marín, tanto nas propias rúas máis céntricas como nos aparcadoiros que están a un radio de 5 minutos do Concello. A iso sumémoslle que temos previsión de crear sobre 200 prazas cun aparcadoiro soterrado… Como chegamos a cubrir a demanda da que fala Pazos Lamoso? É que como non fagamos desaparecer beirarrúas, non nos dan as contas. 

En fin, é un capítulo máis no absoluto uso electoralista que está a facer o PSOE de Marín dunha situación que entendemos que é tensa e complicada, como todas as transformacións urbanas son, pero que é interesada, hipócrita e contraria ao que pregoan noutros concellos bastante cercanos ao noso. Repetimos que o progreso que apoian para algúns sitios, non o queren para Marín. 

Falar de improvisación do Goberno local cando o PSOE, en cuestión dun mes, pasou de plantexar utilizar o parking subterráneo do antigo Mercadona (por suposto nunha moción que non levaba ningún detalle sobre como tería que ser esa xestión) a apoiar outra idea do BNG para crear un aparcadoiro en Méndez Núñez, nunha parcela que xa non só é privada, senón que precisa dunha xigantesca obra para a súa adecuación e concentraría todo o tráfico na única rúa peonil que temos en Marín, ou a propoñer que no antigo Mercado de Cantodarea se faga un aparcadoiro en superficie, argumentando despois no Pleno que non, que esa é unha proposta únicamente para a veciñanza na zona, cando supostamente o maior problema de aparcadoiro está noutros lugares… Canto menos, é sorprendente.

Relacionadas

O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello de Campo...

0
Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms. Por...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez participa na inauguración da exposición “Pontevedra no tempo”

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou hoxe na sede Afundación de Pontevedra no acto...

A deputada Isabel Couselo reúnese co alcalde de Vilanova para seguir avanzando na estrada...

0
Trala posta en marcha do convenio para a primeira fase da actuación na estrada provincial EP-9701 Baión-András, a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e...

A cidadanía de Covelo poderá cubrir as zonas de sombra con tecnoloxía satelital

0
O servizo de Hispasat ofrece banda ancha por satélite de calidade O Concello de Covelo informa que para aqueles veciños e veciñas que non conten...

Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais do Concello de Redondela

0
As actividades comezaron hoxe cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas esta semana pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola...

A Deputación de Pontevedra deberá aboar 350.000 euros a Soutomaior

0
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar á razón ao Goberno de Soutomaior no xuízo polas axudas Reacciona Pontevedra (REACPON)...

Publicacións Relacionadas