Home Vigo Mos O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal

- Anuncio -
  • Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de Mos
  • Música, actividades en familia, obradoiros e artesanía completarán a oferta para vivir en Mos unha ponte da Constitución chea de maxia navideña

Mos da a benvida ó Nadal con Queda en Mos II, o segundo mercado aberto de comercios e servizos locais, que terá lugar os días 6, 7 e 8 de decembro no Pazo de Mos. O evento mesturará comercio local, gastronomía, música e actividades para toda a familia.

A celebración dará comezo o venres 6 de decembro, coincidindo co tradicional acendido navideño do Concello de Mos, que incluirá un programa especial, con actividades infantís e personaxes navideños con indumentarias luminosas, marcando o inicio dunha fin de semana chea de maxia e entretemento.

Así, o acto de acendido do alumeado de Nadal iniciarase no Pazo ás 17.00 h e contará co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, seguido de sesión DJ. Durante toda a tarde os personaxes luminosos de THEA, a Raíña da Luz, interactuarán co público e haberá diferentes obradoiros de: taller decorativo, pintacaras e globoflexia.

O mercado Queda en Mos contará coa participación de 19 negocios locais: César Blanco, Textil Pereira, Arte y Ciencia, Bo Camiño, Editorial Edimaes, Muebles Soliño, Fundación Pazo de Mos, Deportes González, Tramo Libre, Peluquería Elsa Pereira, Pais Automoción, Equipemos, Naturopatía Saluz, Centro Holístico Chi & Zen, Always TM, Agro Campo, Nubeluna, Bio Terapias Eva Varela e Panadería Luisa.

Ademais, estarán presentes artesáns como Valenta e Omar Godoy, xunto con organizacións sen ánimo de lucro como Mos Axuda e a Asociación Galega Solidariedade co Pobo Saharaui.

Os asistentes poderán gozar da oferta gastronómica dos postos de restauración a cargo de Bar Veiga e Quinta da Rivas, con opción para todos os gustos.

A música acompañará o evento durante toda a fin de semana con actuacións de artistas como Uxía Lambona e a Banda Molona, Dj Alex Carba, Abrente Folk, Dj Pitty, Noemí en acústico, Grupo Pés na Rúa, Dúo Bela & Charlo e Dani Barreiro & Friends.

Pola súa parte, os máis pequenos e familias poderán vir a divertirse co taller de cerámica, a esperada visita de Papá Noel e unha emocionante Xincana Familiar.

O mercado aberto estará operativo o venres a partir das 17:00 h e o sábado e domingo de 11:00 h a 20:00 h, ofrecendo un espazo onde poder compartir, mercar productos locais e desfrutar do espírito navideño nun entorno único como o Pazo de Mos.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do...

0
Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos...

Publicacións Relacionadas