O Son do Pazo achégase á década de vida e consolídase como festival intercéltico de referencia no sur de Galicia

adminON
Lectura mínima de 3

Presentouse esta tarde no Pazo de Mos e colebrarase a fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro na mesma ubicación

Esta tarde presentouse no Pazo de Mos a IX EDICIÓN do Festival Intercéltico O Son do PAZO que se celebrará os vindeiros días 31 de agosto e 1 de setembro.

Á presentación asistiron membros da organización do festival, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa, Camilo Grandal, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e demais membros do goberno local. Ademais estiveron presentes o Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o Deputado Provincial de Cultura, Jorge Cubela, administracións ambas, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, que subvencionan o festival.

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é unha cita estival, que naceu en 2015 coa intención de consolidarse e converterse nun referente da música galega tanto en Mos como na área Metropolitana e en toda a zona sur de Galicia e Norte de Portugal. Os días 31 de agosto e 1 de setembro, nun escenario único e cheo de historia como a contorna exterior do Pazo de Mos, terá lugar a novena edición, cun programa musical atractivo coa presenza de grandes grupos do mundo folk.

O evento, que está organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos, presentouse oficialmente esta tarde.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, expresou o seu agradecemento a todos os que fan posible co seu traballo e colaboración este Festival contribuindo así ao éxito dun evento que crece e se supera cada ano como espazo de difusión da música e a cultura galegas.

O Son do Pazo é un festival con gran variedade de estilos e riqueza da música galega e de raíz. Durante os dous días do festival poderase gozar tamén da gastronomía. Non faltará a presenza do baile tradicional. A entrada un ano máis será gratuíta e poderase gozar dos seguintes artistas e espectáculos:

Sábado 31 de agosto:

–          II Olimpiadas Rurais

–          Gaitas do Abrente Pasarúas

–          I Concurso de Cuartetos

–          Banda de gaitas Airiños do Castelo

–          Korrontzi (País Vasco)

–          Xosé Lois Romero & Aliboria

–          Alana · La Duendeneta

Domingo 1 de setembro:

–          Animación infantil Paco Nogueiras

–          Obradoiro de baile Miguel Pardo

–          Os Melidaos

Comparte este artigo