O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de 1200 rondalleiros o vindeiro sábado 18 de xaneiro do 2025

adminON
Lectura mínima de 7
  • 14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
  • Será o sábado 18 de xaneiro, a partir das 17 h, no IFEVI

O IFEVI acolle o sábado 18 de xaneiro a sétima edición do Concurso de Rondallas organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

O recinto feiral abrirá as súas portas para recibir aos/as máis de 1200 rondalleiros/as que participarán nesta tradicional mostra. Serán un total de 14 agrupacións da zona sur de Pontevedra as que actuarán e o farán na seguinte orde: Rondalla da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns (Vigo), Rondalla Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), Rondalla do C.S.C.R. de Beade (Vigo), Asociación Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro (Tui), Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño), Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios      (O Porriño), Rondalla Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (Mos), Rondalla do Centro Cultural Recreativo e Deportivo Helios de Bembrive (Vigo), Rondalla Nosa Merced de Chaín (Gondomar), Rondalla Asociación Cultural e Social de Herville (Mos), Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos), Rondalla C.C.A.R. de Valladares (Vigo), Rondalla Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) e Rondalla Santiago de Parada (Nigrán).

Cada rondalla terá un tempo máximo de actuación de 12 minutos e nese tempo mostrarán o  traballo feito tanto a nivel musical como a nivel de coreografía e movemento en pista.

Cabe destacar que esta edición levará o formato de concurso polo cal se contará con dous grupos de xurado, un deles evaluará o traballo realizado pola formacion da rondalla en sí e o outro grupo evaluará soamente o traballo realizado polo conxunto de abandeirados que acompañan a rondalla durante a súa actuación.

Tódolos membros do xurado serán persoas entendidas da música e tamén entendidas do mundo das rondallas. Eles serán quenes evaluen as distintas agrupación e despois darán  o seu  veredicto que se fará público no mesmo acto ao final do evento.

Os tres primeiros clasificados, tanto de Rondallas como de Conxunto de Abandeirados, recibirán un premio económico e o 4º e 5º posto recibirán mención especial.

Dende a organización lembran que as entradas están á venda ao prezo simbólico de 3 euros, podendo adquirirse en tódalas sedes das rondallas participantes.

Así mesmo tamén se dispón doutros puntos onde se poden mercar ditas entradas:

VIGO CIDADE: Na librería TECNIC en rúa Jenaro de la Fuente , 20.

VIGO BEMBRIVE: Na oficina do centro cultural CSCR HELIOS e na cafetería do propio centro.

VIGO BEADE: No centro cultural CSCR de Beade (oficina + cafetería).

VIGO ZAMÁNS: Na cafetería da AAVCR de Zamáns.

VIGO VALLADARES: No centro cultural de Valladares.

PORRIÑO: No gabinete da alcaldía do Concello do Porriño en horario de 09:00-14:00h, nos centros culturais de Os Penediños de Atios e de C.C de Pontellas (en cafetería) a tamén na librería COPI-REY situada na rúa Antonio Palacios, 56.

NIGRAN: No centro comercial AS NASAS, na bocatería LALOS e no C.C.R. Parada do Miñor.

MOS: No Concello de Mos en horario de 09:00-14:00h e reservando a través do da Asociación Cultural Sta. Eulalia de Mos:  tf 604 022 842.

GUIZAN: No centro cultural de Guizán e no Asador Edan en Peinador.

TORROSO: No centro dotacional de Torroso.

HERVILLE: Na asociación cultural de Herville todos os días a partir das 15:00h e domingo a partir das 11:30h.

VINCIOS: No centro cultural Galiñeiro de Vincios

No caso de quedar dispoñibles, as entradas restantes poranse a venda na taquilla do propio IFEVI a partires das 15:00h o propio dia do evento.

O aforo é limitado e as cadeiras ocuparanse por orde de chegada.  Cabe destacar que posuír unha entrada garante o acceso ao evento pero non un asento.

Para este evento contaremos tamén con actores galegos de recoñecido prestixio que estarán rodando parte da película que se titulará “RONDALLAS” e que está dirixida polo director e cineasta D. Daniel Sánchez Arévalo e producida pola productora BAMBÚ.

O director aproveitará este evento para rodar parte das súas escenas que logo serán introducidas na nova película.

Aproveitamos para informarlles que por estes motivos o evento de rondallas vai a ser gravado e por tal motivo dende a Federación de Rondallas emitimos un comunicado que irá impreso tanto no cartel publicitario do evento como no reverso da propia entrada que será necesaria para poder acudir a dito evento e no cal se indica a seguinte información:

” O VII Concurso de Rondallas gravarase para incorporar as imaxes a unha película que está sendo producida por Bambú Producciones, S.L, Mr. Fields and Friends Cinema S.L e Rondallas Movie A.LE. Ao adquirir esta entrada e asistir a este espectáculo, vostede autoriza expresamente a gravación e incorporación na película da súa imaxe e/ou voz, que será distribuída por todo o mundo e sen límite de tempo.

No caso de que adquirira unha entrada para un asistente menor de idade, declara que é o titular da patria potestade do menor en cuestión ou que obtivo a autorización dos titulares da patria potestade do mesmo, sendo vostede o responsable de que a imaxe do menor poida ser gravada e incorporada á película que se rodará durante o evento”

O presidente da Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, Serafín Rodríguez, convida á veciñanza a disfrutar “desta cita anual que nos axuda a manter viva esta tradición tan arraigada no sur da provincia” e ademais “permítenos mostrar o noso traballo no mellor dos escenarios:  o do entusiasmo compartido por rondalleiros/as e público que cada ano anega o recinto feiral”.

Comparte este artigo