O vindeiro venres 25 de outubro o BNG de Meaño realizará unha xuntanza coa veciñanza.

adminON
Lectura mínima de 1

Será ás 20.30h na Casa de Cultura de Meaño.

O BNG Escoita é unha iniciativa que os nacionalistas meañeses comezaron antes do inicio da lexislatura e que continuarán levando a cabo para mellorar o concello. Escoitar á veciñanza, o diálogo e a proximidade cos veciños e veciñas é a básico para o BNG.

A reunión será enfocada a tratar temas coma a planificación do futuro Multiusos, coa finalidade de recoller as peticións d@s veciñ@s e asociacións que o empregarán nun futuro, para que posteriormente se teñan en conta no deseño do proxecto. Un proxecto desta magnitude e relevancia para o concello debe ser planificado con tempo e coa mirada posta nos futuros usuari@s.

A situación actual da Escola Infantil Municipal, que este ano ve reducido o seu horario de tarde en 2 horas -decisión do goberno municipal que o BNG de Meaño critica- xunto coa posible fusión de Meaño e Sanxenxo -que o BNG de Meaño rexeita- serán tamén asuntos a abordar.

Trátase de achegar as decisións políticas aos veciños e veciñas coa finalidade de facelos partícipes das mesmas e conseguir mellorar o concello e a vida dos meañeses.

Comparte este artigo