O XIX Festival Nigranjazz ofrece unha Masterclass co pianista americano Aaron Parks

adminON
Lectura mínima de 3

Coma cada ano, dende xa hai dezanove, o Nigranjazz ofrece unha Masterclass conducida polo artista principal do festival. Este ano encargarase de impartir dita clase o reputado pianista americano Aaron Parks, unha das voces máis recoñecidas e recoñecibles do panorama do Jazz contemporáneo.

A clase impartirase no Auditorio Municipal entre as 12:00 e 13:30 h do Sábado 19 de Xullo. O custo da Masterclass será de 15€. A inscripción poderá facerse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/rpL28sRgGJuY5cc58

A masterclass está aberta a músicos e estudantes de tódolos niveis e instrumentos. Aaron Parks ofrecerá unha conversa sentado no piano na que falará de cuestión musicais, emocionais, creativas e o que xurda sempre exemplificando no piano tódalas cuestións. Ademáis estará aberto a tódalas preguntas que os participantes queiran facer. O enfoque improvisado e flexible de Aaron garante que cada participante atope inspiración e ferramentas prácticas para o seu propio camiño musical.

A clase impartirase no Auditorio Municipal entre as 12:00 e 13:30 h do Sábado 19 de Xullo. O custo da Masterclass será de 15€. O alumnos do Conservatorio Mayeusis, patrocinador da Masterclass terán un precio reducido de 10€.

A inscripción poderá facerse cubrindo o seguinte formulario:

https://forms.gle/rpL28sRgGJuY5cc58

Aaron Parksé un recoñecido pianista e compositor de jazz estadounidense, coñecido polo seu estilo innovador e introspectivo. Nacido en Seattle, Washington, comezou a tocar o piano a unha idade temperá e rapidamente recibiu recoñecemento polo seu talento excepcional. Estudou na Universidade de Washington e na Manhattan School of Music, onde perfeccionou a súa técnica baixo a tutela do soado pianista Kenny Barron.

A súa carreira despegou cando se uniu á banda de Terence Blanchard aos 18 anos, participando en varios álbums aclamados pola crítica, incluído o gañador do Grammy A Talle of God’s Will (A Requiem for Katrina). Desde entón, Parks consolidouse como unha figura destacada do jazz contemporáneo, publicando numerosos discos como solista e colaborando cunha ampla gama de artistas como Kurt Rosenwinkel, Terri Lyne Carrington e Ambrose Akinmusire. Tamén é membro fundador do aclamado cuarteto James Farm, xunto a Joshua Redman, Matt Penman e Eric Harland.

A música de Parks fusiona de forma fluída elementos do jazz moderno, o indie rock e modalidades orientais, creando un son único e persoal. A súa interpretación caracterízase pola súa beleza lírica, complexidade rítmica e sofisticación harmónica. É celebrado pola súa capacidade para evocar emoción e introspección a través da súa música, o que o converte nun dos pianistas de jazz máis influentes e respectados da súa xeración.

Comparte este artigo