Home Pontevedra O Salnés O BNG de Sanxenxo organiza unha nova charla informativa sobre o 'Decretazo'...

O BNG de Sanxenxo organiza unha nova charla informativa sobre o ‘Decretazo’ dos vados promovido por Telmo Martín

- Anuncio -

O avogado Miguel Vieito resolverá as dúbidas da veciñanza este venres, 19 de xaneiro, a partires das 21.00 horas na Casa de Cultura de Dorrón (A Granxa)

O voceiro nacionalista, Fran Leiro, lembra que a nova ordenanza que pretende aprobar o Partido Popular “só ten a vontade de sacar cartos á veciñanza para poder pagar a política de cemento de Telmo Martín”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo anuncia a celebración dunha nova reunión informativa sobre o ‘decretazo’ promovido polo alcalde, Telmo Martín, para tratar de cobrar o pago de vados non solicitados, con carácter retroactivo desde principios de 2020. Este afán recadatorio non acaba aí, xa que a pretensión do PP é aprobar unha nova ordenanza que sirva “para sacar cartos á veciñanza e, deste xeito, poder pagar a política de cemento do señor Martín”, segundo advirte o voceiro, Fran Leiro.

A reunión terá lugar este venres, día 19 de xaneiro, ás 21.00 horas, na Casa de Cultura de Dorrón, no lugar da Granxa. Está prevista a participación do avogado especializado Miguel Vieito, que, ademais de resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o encontro, achegará información sobre a nova ordenanza que “o único que busca é recadar cartos”. Leiro ten claro que “moita xente está farta da política de cemento e recadatoria de Telmo Martín”, como así o demostra a reacción social contra as cartas enviadas a través do ORAL para solicitar o pago, con carácter retroactivo, a persoas propietarias de vivendas que dispoñen de entrada e saída de vehículos á vía pública. Unha medida que supuxo unha “reintepretación sen precedentes” da ordenanza actual, que data de finais dos anos 90, e que “nunca antes se aplicara de tal xeito”.

Esta é a segunda reunión informativa que o BNG organiza para asesorar e informar á veciñanza sobre o ‘decretazo’ de Telmo Martín, logo da convocada en decembro na Casa Forestal As Canteiras, en Noalla, á que asistiron máis de 200 persoas. Maila que nas últimas semanas cesou o envío das cartas do ORAL, desde o BNG inciden en que esa medida só é temporal, á espera de que se aprobe a nova ordenanza, que “terá a mesma vontade de sacar cartos á veciñanza”, avisa Fran Leiro.

O concelleiro nacionalista ten claro que este ‘decretazo’ é a continuación da folla de ruta que Telmo Martín ten pensada para Sanxenxo, e que pasa por “recadar e recadar para poder pagar a súa política de cemento”. En apenas uns meses, o PP subiu o IBI e o imposto de vehículos, a pesar de que en campaña electoral o señor Martín prometeu unha baixada de impostos, ao tempo que se subiu o soldo nun 20%.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas