Home Pontevedra A Lama O xurado da Caata do Codillo da Lama aposta pola preparación estofada...

O xurado da Caata do Codillo da Lama aposta pola preparación estofada con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias para a XXI Edición da Festa que cambia a súa data de celebración ao domingo 11 de xuño

- Anuncio -

As outras variedades presentadas por Cátering Arelas foron en salsa de curri, arroz con frutos secos e cabaza e a terceira opción, con salsa de piquillo, montado de verduras e puré de patacas.

O xurado da cata da XXI Festa do Codillo apostou pola preparación estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias como especialidade que se ofrecerá o vindeiro domingo 11 de xuño ante a imposibilidade por parte da empresa de Cátering Arelas de servir o xantar o 14 de maio como estaba inicialmente previsto.

A preparación elixida polo foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público, o Codillo Estofado, que nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado en salsa salsa de curri, con arroz, frutos secos e cabaza; e a terceira, con salsa de piquillo, montado de verduras e puré de pataca. Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica que se celebrará finalmente o vindeiro domingo 11 de xuño na Alameda da Lama, a data máis próxima dispoñible.

Deste xeito e co fin de evitar acumulación de público e longas colas, ampliarase a venda anticipada dos tíckets, ata o 8 de xuño, a un prezo de 12 euros, nas oficinas do Concello e poderanse tamén retirar o mesmo día da Festa na Alameda.

A apertura da caseta de servizo de racións do codillo será polo tanto ás 13:30 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manterase aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.

A INFLACIÓN OBRIGA A VOLVER A POÑER O PREZO EN 12 EUROS

Asimismo, e debido ao aumento do IPC e do custe da vida, o Concello da Lama veuse na obriga de volver situar 12 euros o prezo definitivo do pack desta festa gastronómica que, ademais do codillo estofado, o adquiriente do tícket ten dereito a un anaco de pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo, así como a bebida.

ACTUACIÓN DOS CATRO VENTOS, O ENCERELLADOS E A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA LAMA

Ademais da actividade meramente gastronómica, a XXI Festa do Codillo estará amenizada musicalmente falando pola Banda de Gaitas “Os Catro Ventos” e a Charanga “Os Encerellados”. Pola tarde, a Banda Música Municipal da Lama ofrecerá un concerto, a partir das 20 horas, na propia Alameda.

O alcalde, Jorge Canda lamentou ter que cambiar a data de celebración da Festa do Codillo, prevista para o 14 de maio, “pero non había garantías de que todo saíra a satisfacción de todos e a empresa tiña dificultades con esa data para poder dar o servizo nas mellores condicións polo que optamos por buscar outra data máis propicia para todos e para evitar coincidir con outras celebracións, os comicios electorais e o Cristo de Xende, trasladouse ao 11 de xuño”, explicou o alcalde.

Relacionadas

Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés’ do concello de Nigrán,...

0
O prazo de presentación de propostas remata o martes 30 de Abril, 'Día Internacional do Jazz'. O festival celebra a súa maioría de idade...

O Porriño acolle este domingo unha nova edición da Feira de Abril

0
• Será a partir das 18 h no parque do Cristo e os encargados de amenizar a xornada serán os grupos Andalu-sí e Pasión...

A Deputación aproba as bases das axudas para financiar o equipamento de locais municipais...

0
O programa “O teu espazo xuvenil”, que foi presentado a comezos desta semana en Barro, está destinado aos concellos de menos de 20.000 habitantes,...

A liga Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

0
Este próximo sábado 27 celébrase próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba está organizada pola...

A Deputación inaugura no CEIP de Soutelo de Montes, en Forcarei, a exposición “Achegas...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Segunda Edición do Tardeo, actividades diversas para a mocidade

0
Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello...

Publicacións Relacionadas