HomeVigoBaionaObradoiro de medio ambiente para mocidade en Baiona

Obradoiro de medio ambiente para mocidade en Baiona

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Medio Ambiente e Xuventude, organiza un obradoiro de medio ambiente para mocidade de entre 13 a 18 anos.

Esta actividade terá lugar o xoves 3 de xullo de 2025, coincidindo co Día Internacional sen bolsas de plástico, no centro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 12:00-13:30h.

O obradoiro ten como temática á contaminación da auga, e nel empregaranse ferramentas teatrais e de educación non formal, para explorar o fenómeno da contaminación da auga e que os participantes aprendan a dar resposta colectiva a este problema.

As solicitudes para participar están abertas ata agotar as prazas dispoñibles no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMTM14mQRw7puykXP87cgqRdTs-fTbB16-P2GbiQ6LVF7Cww/viewform?usp=dialog

O obradoiro será impartido pola Asociación Foco da Guarda, dentro do proxecto Our Planet, centrado na concienciación ambiental da mocidade, e financiado polo programa Erasmus +.

Más información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), no teléfono 986385921, ou en xuventude@baiona.gal

Publicacións Relacionadas