HomePontevedraBaixo MiñoOia acolle este venres a foodtruck "Galicia sabe a mar"

Oia acolle este venres a foodtruck “Galicia sabe a mar”

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oia informa a toda a veciñanza e visitantes de que, este venres 27 de xuño, a recoñecida foodtruck “Galicia sabe a mar” chegará a Santa María de Oia no marco dunha campaña promovida pola Xunta de Galicia.

A foodtruck estará situada na Praza Centinela, ao paso do Camiño de Santiago, e ofrecerá servizo en horario de 12:00 a 18:00 h.

Durante a xornada as persoas asistentes poderán degustar de balde distintas elaboracións con produtos pesqueiros galegos, descubrindo así a súa calidade, variedade e posibilidades culinarias.

Con esta iniciativa, Oia súmase a unha extensa lista de localidades galegas que participan nesta campaña, cuxo principal obxectivo é mostrar a versatilidade dos produtos do mar e recoñecer o esforzo dos milleiros de profesionais que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición nos mercados.

Desde o Concello anímase a toda a veciñanza a achegarse a desfrutar desta experiencia gastronómica e a poñer en valor os sabores do mar e a tradición mariñeira que define a nosa terra.

Publicacións Relacionadas