HomeTabeirósA EstradaLuis López asina co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, un convenio de...

Luis López asina co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, un convenio de colaboración valorado en 1,15M€ para a humanización da Praza de Galicia

- Anuncio -spot_img

O mandatario provincial salienta a achega de 807.000€ por parte da Deputación para executar un proxecto estratéxico para o Concello, que segue avanzando na recuperación e posta en valor do espazo público para a veciñanza

A colaboración prevista para este ano do organismo provincial co Concello da Estrada a través dos plans de Cooperación como o +Provincia e o PEID ascende a 2,78M€

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, para o financiamento do proxecto de humanizacación da Praza de Galicia. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Louzao selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 807.000€ para financiar un proxecto valorado en 1,15 millóns de euros

O proxecto contempla as actuacións necesarias para reordenar e acondicionar o espazo público do casco urbano na contorna da Praza de Galicia, xerando novos espazos para o uso e desfrute das persas e restrinxindo o acceso ao tráfico rodado. Para iso, contémplase unha renovación total dos pavimentos e dos servizos urbanos, así como a plantación de novo arborado e a instalación de novo mobiliario urbano. Para acadar estes obxectivos, levarase a cabo a e reordenación de espazos a través das demolicións necesarias para peonalizar o ámbito, a adaptación da drenaxe ás novas aliñacións proxectadas, a renovación dos servizos urbanos necesarios e a execución do pavimento da nova ordenación deseñada; así como a instalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito e de bancos, arborado, fontes e bolardos.

A colaboración da Deputación co Concello da Estrada non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 2,78 millóns de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Publicacións Relacionadas