HomePontevedraOs Magachos tomarán protagonismo na terceira xornada do Entroido de Cobres

Os Magachos tomarán protagonismo na terceira xornada do Entroido de Cobres

- Anuncio -spot_img

Converterán a carpa nun espazo de diversión satírica ataviados con complementos que oculten a súa identidade e lle permitan facer trasnadas

O Entroido de Cobres está plagado de rituais e tradicións conservadas ao longo dos séculos e que foron pasando de xeración en xeración ata chegar á presente edición, na que os danzantes contaxian o orgulloso de seren guardiáns e portadores dun patrimonio cultural convertido en seña de identidade para todo o municipio de Vilaboa.

Tras unha soelada xornada de domingo marcada o Entroido de Cobres encara a súa terceira xornada, na que os “maghachos” recollerán o relevo dos danzantes e xa na carpa, na festa nocturna, converteranse nos auténticos protagonistas. Trátase de persoas anónimas, ocultas tras máscaras ou complementos, e ataviadas con ropaxes que oculten a súa identidade que no luns de entroido están autorizadas a facer trastadas. Escollerán ás súas víctimas na propia carpa e someteranas a bromas e escarnio tratando sempre de non ser descubertas.

As persoas de máis idade recordan esta xornada de maghachos como a de máxima diversión para aquelas que non podían o non foran elexidas para formar parte das parellas de madamas e galáns. Mentras os mozos e mozas seleccionados pasaban o ano confeccionando os seus traxes, cos laboriosos sombreiros plagados de frores e cristais que simbolizan un ritual de benvida á primavera, as demáis persoas argallaban unha noite de diversión satírica íntimamente ligada ao sentir do entroido en Galicia.

E na víspera do día grande do programación, xornada festiva en Vilaboa, a festa prolongarase ata entrada a noite da man da Orquestra Fuego e o Dúo Prisma.

Publicacións Relacionadas