HomeVigoMosOs usuarios do Programa Integrado de Emprego de Mos comezan formacións en...

Os usuarios do Programa Integrado de Emprego de Mos comezan formacións en xestión de almacen, e competencias dixitais e transversais

- Anuncio -spot_img

Os cursos impartiranse ata xuño en aras de mellorar a empregabilidade e ocupabilidade dos 100 participantes no Programa, que se prolongará ata o mes de novembro. O obxectivo final é a inserción laboral mediante un emprego digno, estable e de calidade

A décima edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2024-2025 (subvencionado pola Xunta de Galicia cun importe total de 220.000 eros e confinanciado polo Concello de Mos, cun importe total de 57.497,48 €) e cunha duración dende novembro de 2024 ata novembro de 2025, ten  previsto a realización nos vindeiros meses  de maio  e  xuño da formación  do itinerario de almácen, composta por catro  accións formativas,  (organización de almacén, xestión  e control de compras e stock de almacén, política e xestión informátizada de stock e conducción de carretillas elevadoras); así como a formación en competencias dixitas, e competencias transversais a prol da mellora da empregabilidade e ocupablidade dos 100 participantes no Programa Integrado. O obxectivo último é “a consecución da súa inserción no mercado laboral mediante un emprego digno e estable”, tal e como explicaban hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego, Formación, Educación, Mocidade e Participación Cidadá, Julia Loureiro.

A pasada edición do Programa Integrado de Emprego logrou unha porcentaxe de inserción laboral do 78%.

Neste senso as representantes municipais Arévalo e Loureiro agradecen “o apoio incondicional da Xunta de Galicia á administración local mosense en xeral, e en concreto aos Programas Integrados de Emprego do Concello”. Neste décimo Programa se investirán un total de 277.497,48 euros, dos que 220.000 asúmeos a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; e o Concello de Mos cofinancia o importe restante.

O X Programa Integrado de Emprego de Mos 2024/25 conta con 100 persoas beneficiarias e obxectivo de inserción é do 45% aínda como en todas as edicións espérase superar en moito este obxectivo, tendo en conta que no último Programa Integrado acadouse unha porcentaxe do 78%.

Dos 100 usuarios/as do novo programa, 5 serán persoas desempregadas con discapacidade, outras 5 persoas desempregadas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia, 20 persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación, outras 20 persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas, 5 persoas desempregadas maiores de 45 anos, 25 ersoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), e 20 mulleres desempregadas.

Ademais de alumnado, coma sempre o Programa contará con empresas colaboradoras no programa. Na pasada edición, a 9ª, implicáronse máis de 50 empresas que solicitaron candidatos a postos de traballo, e que participaron na realización das accións de inserción, convenios de prácticas e formación, para a inserción no mercado laboral  dos usuarios cun emprego digno e de calidade.

Préstanse tamén, coma sempre, servizos de orientación, accións formativas e a mediación laboral con empresas, ás 100 persoas demandantes de emprego que participen nesta décima edición.

E por suposto haberá encontros nos que as persoas participantes teñan a oportunidade de participar activamente nun foro no que compartir intereses, motivacións e aspiracións profesionais con compañeiros na mesma situación e con empresas demandantes de persoal cualificado.

Publicacións Relacionadas