Home O Condado Mondariz Pablo Barcia será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Mondariz

Pablo Barcia será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Mondariz

- Anuncio -

● Luis López sinala que “está preparado, ten enerxía e é unha persoa próxima que encabeza un gran equipo, co apoio incondicional da voceira Ana Corredoira, e todos xuntos sairemos a gañar e gobernar”.


● Agradecen o traballo “incansable e intenso” de Ana Corredoira durante este mandato tanto no concello como no partido.

Pablo Barcia será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Mondariz nas eleccións municipais de maio. O presidente provincial, Luis López, participou onte pola noite nunha reunión con afiliados do partido, xunto á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, e a voceira do grupo municipal, Ana Corredoira.

Pablo Barcia Bello, hostaleiro, naceu en Sabaxáns en 1989. Onte deu un paso adiante para “emprender un novo proxecto para Mondariz e sacar ao concello da situación de estancamento e sen avances na que está sumido”. Durante a súa intervención, dixo estar “moi animado, ilusionado e con moita forza”, e agradeceu todo o apoio recibido. “Conto co respaldo de un gran equipo de persoas comprometidas ao cento por cen co noso concello. É momento de apostar por un cambio en Mondariz, por proxectos necesarios e novidosos. Por mellorar a situación do noso concello, e comezaremos por escoitar a todos e por intensificar a nosa presencia na rúa”.

Tamén o presidente provincial, Luis López, pediu a toda a xunta local que nos meses que quedan saían aínda máis á rúa. “Somos o partido da xente porque sabemos escoitar, empatizamos cos nosos veciños e buscamos solucións aos seus problemas. E por iso é fundamental que en cada aldea de Mondariz haxa unha persoa do Partido Popular disposta a escoitar e atender”. Sobre o candidato, dixo que “está preparado, ten enerxía e é unha persoa próxima que encabeza un gran equipo, co apoio incondicional da voceira Ana Corredoira, e todos xuntos sairemos a gañar e gobernar”.

Defendeu que as eleccións municipais son as máis importantes para os concellos e para os seus veciños, “a política local é a máis próxima á cidadanía, a primeira á que acoden en busca de respostas e da que esperan solucións aos seus problemas”, e por iso entende que é fundamental que recuperen a confianza no Partido Popular.

“Nós non prometemos cousas que non teñamos demostrado. Basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes para comprobar que somos unha partido no que se pode confiar: Covelo, Arbo, Crecente, Mondariz Balneario, Salvaterra de Miño, Mos… Concellos gobernados polo Partido Popular. Concellos que son garantía de servizos de calidade, de solvencia, de atención, de crecemento e de estabilidade. Alí onde gobernamos, os veciños xa saben que os alcaldes do PP son unha aposta segura”.

López tamén agradeceu “o gran traballo, incansable e intenso” que está facendo a voceira popular, Ana Corredoira, este mandato, “tanto no concello como no partido”. Por último, subliñou que “non hai imaxe máis clara de unidade que a que hoxe temos en Mondariz, conscientes de que o importante non son as persoas que lideran o equipo, senón que o máis importante sempre, e sen excepción, son os nosos veciños e que todos xuntos traballaremos para ofrecerlles o mellor proxecto para o seu concello”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas