Ponteareas conta xa co primeiro Centro de Capacitación Dixital

adminON
Lectura mínima de 2

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e a concelleira de Emprendemento, Silvia Fdez. Táboas, visitaron hoxe o Centro de Capacitación Dixital do Concello de Ponteareas, un novo servizo que facilitará a formación en competencias dixitais para toda a cidadania.

“É imprescindible seguir traballando na alfabetización dixital e facilitar o acceso en igualdade de condicións á formación para que a cidadanía poida beneficiarse dos adiantos tecnolóxicos e tamén ter coñecementos actualizados do momento para non quedarse atrás”, explica a concelleira de Emprendemento que continúa explciando que non se trata só de saber manexar un aparello dixital, se non tamén de desenvolver a capacidade de comprender e aplicar, como ese uso pode facer que a nosa vida mellore ou que sexamos máis produtivos e eficientes”.

Situado no andar baixo do Centro de Emprendemento, este novo espazo está equipado con catorce equipos informáticos portátiles de última xeración, unha pantalla dixital táctil interactiva con cámara de seguemento para videoconferencias, cableado con rede e fibra óptica, dotado con wifi e softwares actualizados para os cursos que se impartirán en horario de mañá e tarde ao longo de todo o ano.

O Centro de Capacitación Dixital inaugúrase co curso “Dixitalización aplicada” o día 9 de xaneiro e desenvolverase en horario de 8:00 a 18:00 de luns a venres ao longo de seis módulos que permitirán identificar, localizar, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos avaliando a súa finalidade e relevancia para a distintas tarefas profesionais. O alumnado adquirirá coñecementos sobre tecnoloxía habilitadora dixital para comunicar en contornas dixitais, compartir recursos, crear e editar contidos ou protexer a información e datos persoais.

Este curso promoven, por un lado a capacidade para utilizar a tecnoloxía, é dicir unha aprendizaxe de uso e por outro a habilidade para comprender como utilizala.

As persoas que desexen inscribirse deberán facelo a través do número de teléfono 986640000 (ext.5009) ou no 610142936.

Comparte este artigo