HomeO SalnésMeisRecollida de sinaturas en defensa da Sanidade Pública

Recollida de sinaturas en defensa da Sanidade Pública

- Anuncio -spot_img

Desde o BNG de Meis, reclamamos unha vez máis que se cubran de forma inmediata  as baixas e vacacións dos/das médicos e do resto do persoal sanitario, para evitar que a poboación quede desentendida durante semanas, especialmente agora nos meses de verán.

O Partido Popular na Xunta segue a deteriorar a sanidade pública sen cubrir os postos de todo o persoal sanitario provocando unha gran desatención na poboación, cancelándose citas, adiándose outras e cuns tempos de espera que non representan a sanidade pública que defendemos.

Desde o BNG de Meis levamos anos reclamando a mellora na atención primaria no noso Concello, así logrouse, co apoio de toda a veciñanza que secundou as concentracións e manifestacións que se convocaron e con diferentes recollidas de sinaturas, reverter en certa medida os recortes en sanidade, así logrouse a volta da Pediatra ao noso Concello, e o reforzo con persoal sanitario e outro médico no centro de saúde do Mosteiro.

Pero isto non é suficiente cando os tempos de espera para unha cita se alongan no tempo, ou cando non se cobren as baixas do persoal sanitario, por isto, unha vez máis instamos ao Goberno do partido popular na Xunta a:

Cubrir todas as prazas do persoal sanitario que cause baixa ou estea no desfrute do seu período de vacacións.

Se reforce con persoal a fin de que a atención primaria no noso concello cumpra coa súa función de atención á poboación nos tempos e formas axeitadas.

Por todo isto, o BNG de Meis estará un sábado máis recollendo sinaturas na Praza da Feira para demandar máis persoal e cubrir as baixas que hai nestes momentos nos centros de saúde do concello e que se reforce a comarca con máis ambulancias medicalizadas diante do aumento da poboación na época estival.

Publicacións Relacionadas