Home Pontevedra O xurado premia o sabor de a Garboa, a innovación de O...

O xurado premia o sabor de a Garboa, a innovación de O Laranxo e presentación da Mazaroca

- Anuncio -

A Festa do Mar de Vilaboa renova esta noite e mañán o turno de degustación do produto local complementado cun amplio programa musical

 O xurado, composto pola patrona maior da Confraría de Vilaboa Maricarmen Cortegoso Gómez e polas bateeiras locais Mari González Piñeiro e María José Castro Gómez, coa participación do alcalde César Poza como secretario, escolleu este mediodía as tapas gañadoras da cata organizada na carpa da Festa do Marisco de Vilaboa.

Na categoría de Mellor Sabor resultaron gañadoras as das tapa do restaurante A Garboa;  o premio á Mellor Presentación recaeu na tapa de mexilóns en escabeche presentado por A casa de Rosa da Mazaroca mentras que o premio á Innnovación foi para a panadería e pastelería Os Laranxos pola súa empanada  de mexilóns en escabeche.

Os stands degustación volverán a abrir esta noite e mañán domingo ao mediodía con  tapas a prezos populares: de mexillón a 3,5 euros; os chocos a 5 euros e a 6 euros está a ameixa. Todos eles preparados en distintas elaboracións: en empanada, en escabeche, guisados ou á mariñeira. Destaca este ano a variedade de sobremesas que ofrece o stand dulce para completar o menú a cargo de Os Laranxos. E xunto aos produtos do mar están os viños da IXP Ribeiras do Morrazo das adegas Os Areeiros e Ardán.

O programa musical, aberto pola banda de gaitas e baile “Aires de Cobres” continuará hoxe às 21 horas con Fanfarria Taquekardia e mañán coa actuación de Os Bregadiers ás 13 horas.

Tanto o alcalde de Vilaboa, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza da contorna a achegarse  a San Adrián e gozar tanto da variedade de produto extraído das augas da ría como da calidade na elaboración que ofertan os restaurantes locais, a quenes o goberno local agradece a súa implicación con esta Festa que ten como obxetivo “a posta en valor dun sector, o do mar, cun peso importante en Vilaboa e que ten que enfrentar moitas dificultades”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas