A actividade é gratuíta, está destinada a nenos de 5 a 12 anos e hai 30 prazas por quenda
O Concello de Baiona de que aínda hai prazas dispoñibles para participar no Campamento Urbano que se celebra no mes de agosto, onde se establecen dúas quendas: do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto, de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas.
O Concello organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos destinen o seu tempo estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de eventos de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia.
Durante o campamento desenvolverase un programa de actividades de lecer e tempo libre planificado, con distintas clases de xogos, realizándose visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. A recepción dos participantes sempre terá lugar na Praza do Concello.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Baiona ou a súa Sede electrónica, xunto coa copia do DNI ou libro de familia e a copia da tarxeta sanitaria do menor e o DNI da persoa que asina a solicitude. Os nenos que non dispoñan de praza, pasarán a formar parte da lista de espera, coa finalidade de cubrir as baixas que se poidan producir.
A adxudicación de prazas será directa no caso de que o número de solicitudes presentadas non supere o número de prazas ofertadas. No caso contrario, as prazas adxudicaranse por sorteo, e poderán admitirse solicitudes de participación fóra deste prazo, sempre que existan prazas libres.
Os formularios de solicitude poden descargarse da páxina web municipal, ser solicitados en formato papel na oficina de Rexistro, ou no correo xuventude@baiona.gal, onde se pon unha liña telefónica para máis información, a 986385921

