test
Home Baixo Miño A Guarda Preto de 450 persoas aceptaron os desafíos de Eureka Reto Rural na...

Preto de 450 persoas aceptaron os desafíos de Eureka Reto Rural na Guarda e Mos esta fin de semana

- Anuncio -

O equipo ‘Toxiños’ gañou o reto da Guarda, mentres que en Mos ‘Medio Botillo’ foi o máis rápido en rematar xogo de escapismo

O sábado 22 de xuño temos unha nova cita no Porriño. Inscricións xa  abertas na web

Fin de semana de proba en proba con ‘Eureka Reto Rural’. Arredor de 450 persoas desfrutaron na Guarda e Mos dunha nova proposta deste xogo de escapismo ao aire libre e de balde que en cada sesión reúne a centos de participantes para gozar e coñecer o territorio dun xeito diferente, interactivo e único. Organizado por EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, os desafíos de ‘Eureka Reto Rural’ conquistan dende a súa posta en marcha a persoas dos 14 municipios do territorio e visitantes e conta cada sesión cunha grande afluencia de público.

Este sábado unhas 200 persoas achegáronse á Guarda para mergullarse no pasado mariñeiro da vila e explorar diferentes lugares cos que ir percorrendo e descubrindo a historia da vila guardesa, sempre moi vinculada ao mar, así como a súa rica gastronomía.

O equipo ‘Toxiños’ foi o gañador do escape room da Guarda, premiado cunha experiencia gastronómica con aloxamento para un máximo de 6 persoas unha noite no Pazo da Escola de Gondomar, acompañado de almorzo e xantar. Por outra banda, o grupo ‘Los lentos’ foi o gañador do lote de produtos de degustación do mar sorteado polo Concello entre todas e todos os participantes.

Xa o domingo, arredor de 250 persoas desafiaron ao mal tempo para coñecer un pouco máis sobre a Festa da Rosa de Mos, unha celebración de grande importancia para veciños e veciñas que se celebra dende hai 51 anos e que busca enxalzar a Rosa de Quirós.

A proba de Mos foi gañada polo equipo ‘Medio botillo’, que poderá desfrutar dunha visita ao taller de orfebrería Areladefe, en Oia, para coñecer á artesá que está ao fronte deste proxecto, Fé González. A experiencia incluirá a elaboración dunha peza sinxela para levar como lembranza e un paseo guiado á beira domar seguindo o tramo do Camiño Portugués da Costa entre o Mosteiro de Oia e As Orellidas para descubrir ‘As lendas do Camiño’ e solpor nos petróglifos da Pedreira acompañados dunha guía turística local. Pola súa banda, ‘Derradeiros’ e ‘Comebacon’ foron os gañadores dos lotes de produtos naturais de Luffadermm sorteados polo Concello de Mos entre todos os equipos participantes.

As persoas que non puideron acudir ao encontro na Guarda ou Mos poderán igualmente desfrutar do escape room de forma libre. A actividade continuará aberta e dispoñible para todos os públicos durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

‘Eureka Reto Rural’ levará a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando a través de diferentes xogos de escapismo virtuais diferentes recunchos e historias dos municipios. A vindeira cita será o sábado 22 de xuño no Porriño con Antonio Palacios como temática central da aventura.

As persoas que desexen participar en calquera dos escape rooms deberáninscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Nesta mesma páxina web atoparán toda a información sobre datas, puntos de encontro e horarios das diferentes probas.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas