O programa promovido pola Concellaría de Benestar Social son cinco roteiros para gozar dos espazos naturais das parroquias de Campañó, Alba, Verducido, Cerponzóns e Bora.
A participación é de balde pero con inscrición previa.
A primeira saída é este domingo.
Coñecer e gozar da nosa contorna natural e fomentar a actividade física e a vida saudable é o dobre obxectivo que guía a Re-conectando Pontevedra, un programa de ioga e natureza consciente que impulsa a Concellería de Benestar Social, que xestiona Anabel Gulías, da man de Myriam Viéitez Yoya e Meditación e de Érika Taracido, terapeuta transpersonal.
Son cinco roteiros por outras tantas parroquias de Pontevedra nos que se traballará na conexión coa natureza, co grupo e cun mesmo e, ademais, realizarase unha práctica de ioga. Desenvolveranse en cinco fins de semana consecutivas a partir do vindeiro sábado 25 de maio.
Os roteiros de sendeirismo consciente e ioga son os seguintes:
• 25 de maio (sábado)– Parroquia de Cerponzóns.
• 2 de xuño (domingo) – Marismas da Xunqueira de Alba.
• 8 de xuño (sábado)– Pontillón do Castro, Verducido.
• 16 de xuño (domingo) – Parque forestal da Tomba, Campañó.
• 23 de xuño (domingo)– Senda do río Almofrei, Bora.
Os roteiros terán unha duración aproximada de 4 horas – de 10.00 a 14.00 horas- e todos eles son de dificultade baixa e moderada.
É unha actividade de balde, con prazas limitadas polo que é preciso inscribirse. A idade mínima para participar é de 16 anos.
As inscricións pódense realizar a través os correos: erikataracido@hotmail.com ou myriamvp_88@hotmail.com

