Recollida de sinaturas da ILP “Por unha CRTVG ao Servizo do Pobo”

adminON
Lectura mínima de 1

Hoxe, martes, ás 17 h. na Praza da Peregrina

O BNG participará hoxe ás 17 h. na Praza da Peregrina na recollida de sinaturas en apoio á ILP “Liberemos a Galega” que principia hoxe, atendendo á convocatoria realizada pola “Plataforma por unha CRTVG ao servizo do pobo”.
Desde o BNG consideramos necesario un apoio masivo a unha ILP que denuncia o control político ao que están sometidos os medios de comunicación públicos (TVG e RG) e reclama que se poña fin á manipulación informativa, garantindo por Lei a súa independencia.
Esta iniciativa ten tamén como obxectivo que a CRTVG cumpra os fins para a que foi creada, e que son esenciais para o normal funcionamento dun sistema democrático:

  • Promoción e defensa da nosa identidade, da nosa cultura e da nosa lingua. – Garantir o pluralismo ideolóxico, político, cultural e social.
  • Promover de forma activa da igualdade
Comparte este artigo