HomeO MorrazoMarínRecta final da mellora ambiental da dársena portuaria, o punto máis cercano...

Recta final da mellora ambiental da dársena portuaria, o punto máis cercano do centro urbano co mar 

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, realizaron hoxe unha visita de obra coa empresa e a dirección para comprobar o estado dos traballos 

Marín recuperará en moi pouco tempo a súa praia máis urbana. A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, acudiron hoxe ás obras de recuperación medioambiental da dársena portuaria, unha actuación que se centra na lámina de agua e que xa está na súa recta final. 

O responsable da empresa adjudicataria e o director de obra trasladaron ao Goberno local os avances na execución, xusto no momento no que se estaba a a colocar o novo pantalán. 

“Este proxecto, que é unha das nosas apostas firmes pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco, ten dúas partes diferenciadas: por unha banda, a recuperación medio ambiental da zona acuática, que é no que estamos e, por outra, a mellora urbana do entorno, que será o seguinte que licitemos”, explicou a alcaldesa. 

Ata este momento, a lámina de auga presentaba un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción. “Agora xa é evidente a limpeza da auga e do fondo”, expresou Ramallo, que explicou que a empresa encargada dos traballos realizaou varios aportes de area.

Está previsto que esta sexa unha praia natural, na que suba e baixe a marea exactamente como o fai no resto do litoral, “e que nos permita desfrutar do máis importante da nosa identidade, o mar, en pleno centro urbano”. 

O custe desta obra foi de 248.000 euros “que supoñen 0 euros de gasto para o Concello”, recalcou a alcaldesa. “Todo está financiado a través do Plan de Sostibilidade Turística, tal e como acontecerá coa urbanización do entorno, para a que conseguimos outros 300.000 euros”.

Publicacións Relacionadas