Redondela abre a convocatoria de axudas ás comunidades de augas con subvencións de ata 3.000 euros

Redacción

O Concello de Redondela ten aberta a convocatoria de subvencións para sufragar os gastos correntes do ano 2025 das comunidades de augas do municipio. O importe máximo da axuda é de 3.000 euros por entidade. As axudas están destinadas a cubrir gastos de mantemento como os servizos básicos de electricidade, reparación de tubaxes ou bombas, analíticas de auga ou xestións como os seguros ou gastos de xestoría.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala que con estas subvencións o Concello “apoia a labor destas entidades na xestión e preservación dun ben público esencial como é a auga”. Toda a información e tramitación está dispoñible na sede electrónica do Concello de Redondela. O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de xuño.

Comparte este artigo