Home Pontevedra Redondela recolleu máis de 15.000 quilos de tapóns solidarios

Redondela recolleu máis de 15.000 quilos de tapóns solidarios

- Anuncio -

– Desde o Concello de Redondela lembran que a normativa europea que fai que os tapóns das bebidas estean adheridos á botella, non prohibe separalos e depositalos en colectores específicos que teñen fins solidarios como os de Andaina e Lenda.

– Concello e asociacións fan un chamamento para que a cidadanía siga colaborando, e lembran que nos colectores só poden depositarse tapóns de plástico. Lamentan que en moitas ocasións a veciñanza deposita outro tipo de residuos, “o que complica moito a clasificación do plástico”.

Redondela conta con catro colectores para a recollida de tapóns solidarios, dous instalados na vila e outros dous en Chapela. Son as asociacións Andaina e Lenda as que se encargan da xestións destes colectores e a venta do plástico. Desde o ano 2021, cando se instalaron estes depósitos en forma de corazón, son xa máis de 15.000 os quilos de tapóns que se recolleron en total. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que se trata dunha recollida “que non só ten un carácter ecolóxico, para darlle unha segunda vida ao plástico, senón tamén social, xa que so os usuarios de Lenda e Andaina os que se encargan da xestión, recollida e clasificación dos tapóns para a súa venta”. A achega económica que reciben polos tapóns supón un total duns 750 euros ao ano, que se ben non é unha cantidade moi significativa si permite ás persoas usuarias desenvolver unha actividade máis.

A nova normativa europea de que os tapóns das botellas de bebidas de plástico estean adheridos ao envase ten como obxectivo previr e reducir o impacto destes residuos no medio ambiente. Desde que entrou en vigor notouse unha diminución na cantidade de tapóns que se recollen nestes colectores específicos. Con todo, o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Alvarez, explica que a normativa “non prohibe separar os tapóns para iniciativas como as destas asociacións” que traballan no ámbito da diversidade funcional e da saúde mental. Por iso animan á veciñanza a seguir colaborando e achegar os seus tapóns aos colectores instalados na vila na rúa Ernestina Otero e no aparcadoiro da feira; e en Chapela xunto ao Centro de Saúde e na rúa Manuel Rodríguez.

Concello e asociacións lembran que nestes colectores “só poden depositarse tapóns de plástico”. Lamentan que en moitas ocasións a veciñanza deposita outro tipo de residuos, envases e lixo “o que complica moito a labor de clasificación do plástico”.

Relacionadas

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Vilaboa habilita unha canle de whatstpp para facilitar a comunicación coa veciñanza

0
Súmase á APP provincial “Meu Concello” que permite á cidadanía trasladar incidencias ou danos ao Concello desde o teléfono móbil O Concello de Vilaboa habilita...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Deputación supervisa en Poio os traballos de conservación de firme na estrada provincial...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, visitou xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, esta actuación na que se están a investir 80.000 euros...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

Publicacións Relacionadas