Resposta valados de Corpus

adminON
Lectura mínima de 2

O goberno do Concello de Ponteareas convida ao grupo municipal do BNG a comunicar integramente as informacións e a ter en conta as conclusións dos informes dos técnicos municipais que, no caso da contratación do valado de Corpus, informaron favorablemente e así consta no informe emitido pola interventora municipal o 30 de maio.

“Nun novo intento de manipular e confundir o criterio da cidadanía e de desinformar o grupo municipal do BNG extrae os parágrafos que lle interesan para equivocar á opinión pública. É unha mágoa que este grupo non confíe no intelecto das persoas que por si mesmas saben interpretar os informes sen necesidade de que ninguén lle seleccione a información que deben recibir”, explica o concelleiro de Economía e Facenda, Francisco J. Represas.

No propio punto tres do informe a interventora redacta “… Que, tratándose dun expediente de compromiso de gasto, existe previa autorización do mesmo e, no seu caso, a súa fiscalización favorable” e nas conclusións “INFORMA FAVORABLEMENTE, a aprobación de adxudicación do contrato de subministro de valados…”

O goberno de Ponteareas, liderado pola alcaldesa Nava Castro, adianta que non perderá nin un minuto máis do seu tempo nun xogo de interpretacións e que atenderá en todo o momento, como así o debe facer un goberno, á legalidade e ao esixido polos órganos administrativos e xudiciais de ser o caso.

Comparte este artigo