O pasado 13 de 14 de xullo celebrouse na Praza da Carrasca o tradicional “Torneo 24 horas Bolos Celta” organizado polo Centro Cultural Bolos da Carrasco e Concello de Nigrán coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.
Nesta edición participaron 18 equipos procedentes do Val Miñor e arredores.
No grupo A resultou campión o equipo San Cibrán, con Roberto, Sergio e J. Manuel. Neste mesmo grupo o subcampión foi o equipo da “casa”, o Santiago de Parada con Iván, Isaac David e Kike e como terceiro clasificado o Cean A, formado por Abel, Jairo e Juan.
No grupo B a clasificación foi a seguinte; campión Cean B con Gabi, Tino e Fernando. Subcampión A Rega A con Juan, Adrián y Óscar. Terceiro clasificado A Rega B, con Jose, Carlos e Tonio.
Na sección individual masculina o campión foi José M. Torres, subcampión Roberto Paz e Tercer clasificado Ismael Torres.
Na sección individual feminina a campioa resultou ser Davinia Dios, subcampioa Vanessa Suarez e terceira clasificada Blanca Lago.
Yeray, pertencente ao Santiago de Parada C recibiu o recoñecemento ao mellor birlador neste torneo.

