Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos chegaron á Pasaxe a través do Xacobeo Transfer para continuar o Camiño Portugués pola Costa.
A pequena comitiva foi recibida á beira do Miño polo alcalde, Roberto Carrero e os concelleiros, Óscar Álvarez e Isidro Lomba. Alí, conversaron sobre as dificultades que tiveran como moitos peregrinos: o pinchazo dunha roda.
Aínda que debían seguir rapidamente o seu camiño cara Oia, non puideron resistirse ao encanto do río Miño e fixeron unha breve parada na cafetería do Codesal. Tras falar con algúns veciños, colleron as súas bicicletas con forzas renovadas.

