Mos xestiona e axiliza melloras en infraestruturas e persoal para os centros educativos do municipo

adminON
Lectura mínima de 6

/- A reclamación dunha coidadora para unha alumna con necesidades especiais do Ceip Pena de Francia xa fora tramitada por Inspección e desde o concello asegúrase que sempre se xestionará todo o que a alumna e a súa familia necesiten

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse pasado mes de xullo en Santiago de Compostela co Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para tratar sobre diferentes temas de interese para o municipio. Entre os que figuran necesidades para os centros educativos mosenses de cara ao inicio do vindeiro curso escolar 2024-2025, que comezará en setembro.Entre eles atopábanse os desdobres por necesidades docentes no CEIP de Atín, diferentes necesidades de persoal en todos os centros educativos de Mos e a necesidade concreta dunhacoidadora a maiores para o CEIP Pena de Francia, específica para unha alumna de 4 anos cun síndrome raro. Para este caso en concreto, xa hai concedida por parte de Educación unhadocente adaptada ás necesidades da cativa e conta tamén o centro cunha coidadora a tal fin para vaios alumnos con necesidades especiais. A familia solicitou, así mesmo, outracoidadora a maiores, específica para esta nena, que xa está a ser tramitada por Inspección educativa. Neste senso a rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, declararon que “por suposto que tanto desde o Concello de Mos como desde a propia Consellería e da Xunta xestionaremos todo o que a alumna e a súa familia necesiten, pois priorizamos as necesidades da comunidade educativa en xeral e por suposto do alumnado con necesidades especiais en particular”.

Dende o Concello entenden que se os pediatras da cativa recomendaron a sua escolarización e por que consideran que esta está en condicions de compartir espazos más aulas e nas zonas comunes sen requerimientos especiáis, como o resto de compañeiros . A modo de exemplo non se ten constancia da recomendación de uso de mascarilla por parte da alumna nin na aula nin nas zonas comuns.

Neste senso laméntase desde a administración local que tendo o Concello comunicación constante e directa a pesares de non ter competencias en materia de educación con toda a comunidade escolar do centro, tanto dirección como docentes e Anpa, a familia acudise directamente á prensa para facer a reclamación dunha coidadora; xa que, como se dixo, a vontade municipal e autonómica é a de xestionar todo o que a alumna necesite.

Desde a xuntanza o mes pasado entre Arévalo e o conselleiro Román Rodríguez, xa se acometeron nos colexiosde Mos dous grandes obras, a de obra de implementación da eficiencia enerxética no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos mediante o cambio a tecnoloxía led, e a renovación dos baños do CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, que rematará esta mesma semana. O resto de traballos necesarios e acordados entre os representantes local e autonómico continúan a realizarse progresivamente.

Na devandita reunión alcaldesa e Conselleiro marcaron a folla de ruta das necesidades prioritarias nos centros de Mos: a renovación da caldeira do CEIP Atín-Cela, a acometida da renovación dunha pista do patio do Colexio Pena de Francia, a renovación dos baños do CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, a mellora da pista deportiva do Colexio de Petelos e, por último, unha obra de implementación da eficiencia enerxética no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos mediante o cambio a tecnoloxía led, para aforro e mellora da calidade lumínica no ximnasio e varias outraszonas do centro.

Así mesmo, durante a xuntanza a alcaldesa tamén lleplantexou ao Conselleiro, futuras obras de maior envergadura nos centros educativos que se levarán a cabo progresivamente e, comezando algunhas, durante o novo curso. Tal é o caso dainstalación dun ascensor no CEIP de Atín-Cela. Logo continuarase con outras obras como, no IES de Mos a acometida dun patio cuberto, necesario dado o elevado número de alumnos/as existentes no centro, e no caso do CEIP Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda farase o cambio da carpintería de aluminio.

Neste senso Arévalo, rexedora local mosense, agradeceu“a colaboración incondicional da Consellería de Educación, e do Conselleiro, Román Rodríguez, co Concello de Mos e coscentros educativos mosenses en particular, nos que leva investido nos últimos anos centos de miles de euros en obras de ampliación, mellora e mantemento nos nosos colexios e Instituto; apoio que se continúa mantendo e que agora se demostra con estas novas melloras e as futuras obras previstas, así como no soporte técnico e docente para as necesidades específicas, particulares e especiais dos centros educativos mosenses” e insistiu na “importancia da colaboración entre institucións para manter no mellor estado as dependencias educativas, favorecendo a maior satisfacción e confort da comunidade escolar, algo fundamental xa que elorevirte directamente nos resultados académicos dos que son o futuro da nosa sociedade”.

Comparte este artigo