Home Pontevedra O Condado Salvaterra organiza un Concurso de Escaparates e de Balcóns e Fiestras de...

Salvaterra organiza un Concurso de Escaparates e de Balcóns e Fiestras de Nadal

- Anuncio -

Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a anunciar as actividades e iniciativas de cara a esta data tan especial. 

O pasado ano organizouse por primeira vez o Concurso de Escaparates no que participaron un total de 13 establecementos da vila e que acadou moitas visualizacións nas redes sociais. 

Nesta edición o concurso terá dúas categorías: unha de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios e outra de balcóns e fiestras para veciños e veciñas de Salvaterra de Miño. 

Ó fin desta inciativa é promover o espírito do Nadal entre a poboación e promocionar o noso comercio e a súa oferta ademais do propio Concello e os seus atractivos. 

Os establecementos e persoas interesadas deberán enviar a súa foto antes do 13 de decembro ó correo comunicacion@concellodesalvaterra.org onde ademais indicarán os seus datos para a participación no concurso. Unha vez recibidas as fotos publicaranse nas redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño (Instagram e Facebook). 

O gañador será o que maior número de Me Gustas consiga entre as dúas redes sociais unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ó día seguinte publicarase o escaparate e balcón ou fiestra que gañaron o concurso. O premio para o mellor escaparate está composto por unha cea para dúas persoas, dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros e vídeo promocional do local. O premio para o mellor balcón ou fiestra será unha cea para dúas persoas e dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros.

Relacionadas

Luisa Sánchez asiste ao partido da Copa da Raíña entre o Bembrive FS e...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao partido da segunda ronda da Copa da Raíña de fútbol sala, que...

O BNG acusa ao PP de renunciar a construír o Álvaro Cunqueiro para facer...

0
Montse Prado denuncia que a Xunta buscou financiamento para a empresa na vez de utilizalo para construír o hospital dende o ámbito público Reproba aos populares a...

A maxia do Nadal a partires do 29 de novembro en Arbo

0
O 29 de novembro ás 20:00horas encendese o alumeado de toda a Vila de Arbo.A partires das 19:00horas música polas rúas co grupo folclorico...

O Concello de Redondela realiza melloras nos camiños das parroquias

0
- A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acomete traballos de mellora de redes pluviais e asfaltado en varios camiños das...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

Llerena Perozo presenta “Os anos tranquilos” en Tui

0
Será mañá mércores ás 19 h na Sala Félix Rodríguez. Forma parte da programación do 25N A viguesa Llerena Perozo presentará o seu libro “Os...

Publicacións Relacionadas