Home Pontevedra Deza SEDEXPO 2025 reúne ao sector empresarial da seguridade, defensa e emerxencias para...

SEDEXPO 2025 reúne ao sector empresarial da seguridade, defensa e emerxencias para avanzar nesta cita, que será do 26 ao 28 de marzo

- Anuncio -
  • NO ENCONTRO, QUE TIVO LUGAR ESTA MAÑÁ DE FORMA TELEMÁTICA, ABORDOUSE A SITUACIÓN COMERCIAL E O PLAN DE PROMOCIÓN DO CERTAME, ADEMAIS DO SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES E OUTROS ASPECTOS
  • AS FIRMAS PARTICIPANTES, QUE FORMAN PARTE DO COMITÉ ORGANIZADOR DA FEIRA, MOSTRARON O SEU COMPROMISO COA MESMA, AO TEMPO QUE A ENTIDADE ORGANIZADORA DESTACOU QUE SE POTENCIARÁ A CALIDADE DO PERFIL DE PÚBLICO

A Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO, segue avanzando na organización da súa terceira edición, a cal terá lugar do 26 ao 28 de marzo de 2025 na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).

Así, tras celebrarse un encontro o pasado 26 de novembro coas asociacións e colectivos que forman parte do Comité Organizador do certame, hoxe foi a quenda da vertente empresarial deste Comité a través dunha reunión na que participaron destacadas empresas dos ámbitos implicados. Os seus representantes, que mostraron o seu compromiso coa feira, estiveron acompañados polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo.

No transcurso do encontro, que foi telemático, fíxose unha análise dos resultados da segunda edición, detallouse tanto a situación comercial do certame como as accións de promoción realizadas e pendentes para esta nova cita e tamén se trasladaron aos participantes as actividades propostas polas asociacións implicadas no certame, as cales xa están perfilando.

Así mesmo, abordouse o interese de incluír na feira o ámbito de entidades integradoras que ofrecen solucións tecnolóxicas a medida para resolver necesidades específicas de clientes ou mercados a través de probas piloto de aplicacións, plataformas ou dispositivos.

Visitantes con gran capacidade de decisión

Nesta edición a Feira Internacional de Galicia ABANCA, tal e como destacou no encontro, apostará por potenciar a calidade do perfil de público asistente, atraendo a directores e mandos intermedios con capacidade de decisión e compra dos sectores implicados, ente eles das axencias e organismos competentes doutras Comunidades Autónomas.  Tamén se traballará para que acudan os responsables de seguridade e emerxencias das grandes empresas doutros sectores produtivos.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas