Sindicatos e concesionaria do lixo do Porriño alcanzan un preacordo e suspenden a folga prevista para esta semana

Redacción
  • Tras semanas de mediación, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asegura que é unha boa nova para a cidadanía e tamén para os traballadores

Suspendida a folga do lixo no Porriño tras un preacordo asinado entre a empresa concesionaria e os sindicatos, e tras semanas de mediación por parte do Concello que, malia tratarse dun problema estritamente interno da empresa, decidiu interceder para defender o interese xeral da cidadanía e evitar o grave prexuízo que un paro de cinco días suporía para a salubridade das rúas. Así, o alcalde mantivo reunións tanto coa empresa como con representantes sindicais ata acadar este compromiso.

“En xeral é unha boa nova para a cidadanía do Porriño e tamén para os traballadores”, declarou Alejandro Lorenzo, alcalde do municipio, “satisfeito porque isto supón poder evitar unha folga e tamén poder mellorar os salarios dos traballadores e traballadoras nun servizo que non se vai interromper”. Neste senso, agradeceu á plantilla que traballa no servizo e á empresa o achegamento de posturas.

Comparte este artigo