Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Soutomaior acada o dato máis baixo de desemprego en xuño desde que...

Soutomaior acada o dato máis baixo de desemprego en xuño desde que hai rexistros

- Anuncio -

O número de persoas desempregadas no concello durante o mes de xuño baixou até 415, o que supón 27 persoas menos que en maio e 22 menos que en xuño de 2023.

O Concello de Soutomaior vén de acadar en xuño o dato máis baixo de desemprego nese mes desde que existen rexistros. Os datos facilitados pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia constatan que o paro baixou en Soutomaior no pasado mes ata as 415 persoas. Con respecto ao mes anterior, supón unha baixada de 27 persoas, é dicir, un descenso do 6,1%. Con respecto a xuño de 2023, en Soutomaior hai 22 persoas menos desempregadas.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, salientou o traballo levado a cabo polo grupo de Goberno. “Trátase dun traballo diario e en constante contacto cos sectores económicos de Soutomaior para coñecer as súas necesidades e abrir vías de colaboración para seguir avanzando xuntos. Ese traballo acaba por verse referendado polos datos de desemprego que fai públicos a Xunta, e que sitúan a Soutomaior como un dos concellos punteiros da nosa comarca na baixada de desemprego”.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “o Goberno de Soutomaior segue traballando para que a taxa de desemprego descenda mes a mes. Mostra diso é a contratación dun orientador ou orientadora laboral grazas á consecución por parte do Goberno de Soutomaior dunha subvención de 28.000 euros. Con esta contratación, que se incorporará ao Centro de Benestar Integrado a partir de setembro, o Goberno de Soutomaior axudará aos veciños e veciñas que o precisen na procura de emprego”.  Así mesmo, Lourenzo tamén salientou que o Goberno segue dando pasos co prestixioso arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro cara ao desenvolvemento do ‘ecoparque’ comercial e empresarial na Montesiña, que será “un antes e un despois para Soutomaior, tanto polo desenvolvemento económico como social que suporá para o noso municipio”.

“Porque máis alá dos datos positivos, o obxectivo prioritario deste Goberno é que os veciños e as veciñas de Soutomaior teñan a mellor calidade de vida e poidan contar coas mellores oportunidades. Paso a paso estamos construíndo ese Soutomaior de futuro e cada vez máis do presente que non deixa a ninguén atrás e que pon en valor todo o potencial co que contamos”, concluíu Manu Lourenzo.

Relacionadas

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez no XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras...

O concello de Nigrán suma ao alumnado da ESO para ‘deseucaliptizar’ a zona máis...

0
Xunto á Brigada Medioambiental do Concello, 120 estudantes do IES Val Miñor, Proval e Arquitecto Palacios arrancaron durante toda a mañá os brotes de...

SonBolores poñerá ritmo aos actos do Día da Hispanidade en Baiona

0
A concellería de Cultura do Concello de Baiona deseñou unha programación con motivo da celebración do día da Hispanidade. O 12 de outubro celebrarase ás...

Publicacións Relacionadas