O alcalde Manu Lourenzo destacou tamén que as obras de arranxo do acceso aocampoGraciano Padín avanzan a bo ritmo e estarán rematadas nas vindeiras semanas.
Hoxe iniciáronse no campo de fútbol de Salgueirón os traballos paraainstalación dos novos sistemas de aerotermia, que tamén se instalarán no campo defútbol Graciano Padín e que substituirán as obsoletas caldeiras de gasoil. Trátase dunsistemamoito máis eficiente a nivel enerxético e que traerá aparellado un importanteaforroeconómico ás arcas municipais, xa que se reducirá notablemente o consumodecombustible nestas instalacións deportivas.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, explicou que este importante investimentonoscampos estase a levar a cabo grazas a que o Goberno local conseguiu unha subvencióndemáis de 55.000 euros procedente do Fondo de Cooperación Local, á que podenoptar aqueles concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes.
Neste sentido, o rexedor subliñou que este investimento nos campos de fútbol súmaseaoutras actuacións que se están a levar a cabo ou que se teñen previsto realizar nasvindeiras semanas. Así, destacou que as obras para o arranxo do acceso ao campodefútbol de Soutomaior avanzan a bo ritmo e que, nas vindeiras semanas, deberíanestar completamente rematadas, supoñendo unha notable melloría tanto a nivel estéticocomofuncional.
Por outra parte, o alcalde Manu Lourenzo sinalou que a instalación destes sistemasdeaerotermia tamén afondan na liña de traballo impulsada polo Goberno de Soutomaior paramellorar a eficiencia enerxética nas instalacións municipais. “Un dos nosos compromisosdesde antes do comezo do mandato era traballar para reducir as emisións contaminanteseo dispendio de enerxía por parte do Concello. Máis dun ano despois, Soutomaior éunconcello moito máis respectuoso co medio ambiente; realizamos importantes avancesnestesentido, coa actuación en instalacións como os campos de fútbol ou no Multiusos deArcade, pero queda aínda moito camiño por andar e seguiremos dando pasos neste sentido”.

