HomePontevedraSoutomaior presenta a súa campaña de bacheado

Soutomaior presenta a súa campaña de bacheado

- Anuncio -spot_img
  • O concello de Soutomaior informou hoxe da campaña de bacheado que se levará a cabo a vindeira semana tralas borrascas sufridas no que vai de ano que afectaron a estradas dos distintos barrios do concello.

O Goberno Local de Soutomaior presentou hoxe a súa campaña de bacheado tralas borrascas sufridas no que vai de ano.

Unha actuación que se levará a cabo a vindeira semana e que terá como obxectivo actuar nas estradas do concello afectadas polos temporais dos últimos meses.

Dende o concello teñen como obxectivo actuar con rapidez, eficacia e organización para que as vías municipais recuperen o seu estado no menor tempo posible.

Un plan do que se realizará seguimento diario das incidencias e das actuacións en marcha.

Dende o Goberno Local quixeron nesta xornada agradecer de antemán a comprensión e colaboración de toda a veciñanza.

Publicacións Relacionadas