O alcalde de Nigrán recibe ao alumnado estranxeiro de intercambio no IES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes

adminON
Lectura mínima de 3

O municipio acolle esta semana a estudantes de Francia e Inglaterra

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de educación, Estela Pérez, recibiron esta mañá aos estudantes bretóns de intercambio no IES Val Miñor e aos de Manchester no CEIP Humberto Juanes, mentras que a semana pasada recibiron aos de Normandía no CPI Arquitecto Palacios de Panxón. No primeiro caso desplazáronse os 18 alumnos ata a Casa do Concello en autobús e no segundo o alcalde acudíu ao acto de benvida no patio de colexio, no que participou todo o centro para saudar aos 19 rapaces cos seus 3 profesores (tamén acuden 17 proxenitores que, ademais, esta tarde serán agasallados con comida típica galega realizada por 20 alumnos da Escola Oficial de Idiomas sección Nigrán ). O rexedor, ademais de darlles a benvida a todos, entregoulles unha bolsa de algodón elaborada polo CEE Juan María con material promocional de Nigrán no seu interior.

O CEIP Plurilingüe Humberto Juanes cumpre 19 anos de intercambio lingüístico-cultural con Manchester, en concreto co co colexio Saint John’s do barrio de Chorlton. O intercambio comezou sendo ‘só’ un contacto epistolar entre o alumnado de 5º e 6º e hoxe en día está xa instaurado no día a día do centro e supón un selo de identidade (compre salientar que o CEIP Mallón realiza tamén un intercambio con un colexio de Manchester e virán proximamente). O IES Val Miñor fai o intercambio co alumnado do instituto Rabelais da localidade bretona de Saint-Brieuc, centro co que xa estiveran o ano pasado e que se encadra no Programa EduFrance da Consellería de Educación. En todos os casos, o alóxanse en casa de familias e durante toda a semana participan nunha ampla programación sociocultural elaborada por cada colexio.

“Nigrán é moi coñecido en Manchester e nestas cidades francesas grazas a estes intercambios que nos achegan culturalmente e que permiten establecer lazos de amizade para toda a vida. Estamos moi orgullosos de ser receptores de alumnado de fóra e tamén de que acollan aos nosos fillos”, subliña o alcalde, Juan González.

Comparte este artigo