Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Conclúen as obras de humanización co remate da nova senda peonil de...

Conclúen as obras de humanización co remate da nova senda peonil de Tenorio que mellora a seguridade vial na zona escolar e deportiva

- Anuncio -

• Cubela salienta o dobre valor desta obra desde o punto de vista da nova imaxe que gaña a zona e da mellora do acceso peonil

O Concello de Cerdedo-Cotobade, remata co proceso de humanización levado a cabo na conexión entre o colexio e as pistas polideportivas de Tenorio coa finalización da beiarrúa nova que dá sentido á senda peonil, a canalización de augas pluviais, retranqueo de postes e colocación de iluminación led, así como unha renovada sinalización horizontal e vertical da zona para ordenar e mellorar a seguridade viaria.

Esta ambiciosa intervención no entorno do colexio de Tenorio foi aproveitada para dar resposta a unha serie de demandas da comunidade educativa como a mellora da seguridade vial no acceso á zona escolar e pistas polideportivas de Tenorio. Tamén remataron os traballos realizados no colexio para canalizar as augas fluviais de tal xeito que non volvan
supoñer un problema en inverno para os usuarios do centro educativo nin para os viandantes que paseen por diante do centro escolar.

A nova beirarrúa, que funcionará a modo de senda peonil, fíxose agardar debido á tardanza na obtención dos permisos necesarios para retranquear os postes do tendido eléctrico existentes e canalizar baixo terra tamén as liñas de telecomunicacións que discurren por onde vai o trazado peonil. Deste xeito gañouse en espazo e se mellora a imaxe da zona.

Ademais, aproveitouse para realizar unha nova instalación de farolas no entorno dotándoas xa da última tecnoloxía LED para gañar en luminosidade ao tempo que se produce un importante aforro enerxético e na reducción de CO2.

AFORRO DUN 27% DO CUSTE DA OBRA NA LICITACIÓN
Aínda que a obra saíu a concurso en 54.200 euros, despois de que 15 empresas presentaran as súas ofertas, o Concello de Cerdedo-Cotobade adxudicou os traballos por importe total de 39.319,64 euros (un aforro do 27% na licitación), pudendo así realizar esta senda peonil de acceso a equipamentos públicos de Tenorio que permitirá mellora-la seguridade vial dende a ponte que cruza a carretera nacional N-541, bordeando o muro do centro educativo alí existente, ata a pista polideportiva.

Para o Concello o máis complicado desta obra foi a xestión ante diversas entidades dos permisos pertinentes para levar a cabo o retranqueo de postes de telecomunicacións e eliminar liñas eléctricas aéreas que afeaban o entorno para soterralas e gañar en imaxe e seguridade.

Segundo o alcalde, Jorge Cubela “con esta obra gañamos non so en seguridade vial senón tamén melloramos substancialmente a imaxe e o aspecto desta zona de acceso escolar, pero tamén de lecer, transformada totalmente con esta nova beirarrúa e senda peonil lateral en formigón tintada en color axeitado ao entorno. Conseguiremos un acceso seguro para os peóns, alumnos e pais así como veciños, aos distintos equipamentos públicos existentes no entorno de Tenorio como a Escola Infantil, pavillón de deportes, CEIP, o instituto de ensino medio, pistas polideportivos, etc. Precisamente a gran cantidade de rapaces e veciños en xeral presentes na zona a tódalas horas, especialmente cando comeza e rematan as clases, fixo necesario eliminar os perigos de seguridade vial existentes, unha das peticións feitas polos veciños e a comunidade educativa que agora imos a darlle unha solución definitiva”, afirmou o rexedor.

Relacionadas

Soutomaior impulsa a segunda fase do ‘transporte a demanda’ tras o éxito na súa...

0
Aos colectivos que xa podían facer uso do servizo súmanse todos os veciños e veciñas maiores de 65 anos e as persoas con problemas...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

Juncal esixe ao Concello de Pontevedra que “arranxe vos problemas de accesibilidade á pista...

0
• O PP fai un chamamento ao Goberno local para que se “sensibilice e conciencie” sobre a importancia de eliminar “barreiras arquitectónicas que dificultan...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

A Coral Polifónica Ventos do Val celebra o seu Concerto de Primavera 2024

0
A mosense Coral Polifónica Ventos do Val, o domingo dia 12 de maio ás 19 horas do serán celebra o concerto de primavera 2024,...

Derraeiros días para presentarse ao Concurso de Carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés’ do concello de Nigrán,...

0
O prazo de presentación de propostas remata o martes 30 de Abril, 'Día Internacional do Jazz'. O festival celebra a súa maioría de idade...

Publicacións Relacionadas